>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festas Monte Alto 2015, A Coruña
https://avvatochasmontealto.wordpress.com/2015/08/27/programacion-festas-monte-alto-2015-a-union-fai-a-forza/

(ultima actualización: 4 / 9 / 15 )





Cartaz Festas Monte Alto 2015

Chegan, un ano máis, as “Festas Monte Alto” e, desta volta, con moitas novidades en actividades. Logo de diversas xuntanzas, un grupo de colectivos e locais do Barrio decidimos unir as nosas forzas coa finalidade de mudar o concepto de festividade que, até o de agora, viña facéndose na nosa cidade. Agradecer ao Concello da Coruña a súa colaboración á hora do financiamento.


PROGRAMACIóN MUSICAL VENRES 4

No Campo de Marte ás 18:30 ”“ Mamá Cabra con “15 Primaveras”



No Campo de Marte ás 19:30 ”“ El Arrabal Tango

No Campo de Marte ás 20:30 ”“ Clave de Fado

No Campo de Marte ás 22:00  ”“ Ruxe-Ruxe




+ Nota Importante! Este ano, grazas ao Concello, haberá vasos  reutilizabeis que será onde botemos as cañas. Dito vaso valerá 1 € que, no caso de devolución, a entidade devolverá 50 céntimos. O recaudado axudará ao mantemento da Biblioteca Veciñal.



PROGRAMACIóN ACTIVIDADES SíBADO 5


(Nota importante: As horas son de comezo sempre. Algunhas actividades poden coincidir en horario)



+ ís 10:00 da mañá, o noso grupo de gaitas “Xebre” sairá da Biblioteca Veciñal do Campo de Marte percorrendo, como cada ano, as rúas e prazas do noso Barrio. Igualmente, visitarán os Centros de Maiores para achegarlles as festas.

+ ís 11:00 e 11:30, na Praia de Santo Amaro, o Club do Mar fará unha actividade de Zumba Solidaria en dous pases: o primeiro para nenas e nenos e o segundo para a xente adulta. RECOLLIDA DE ALIMENTOS, LIBROS E XOGUETES: Recolleranse alimentos non perecedeiros que serán canalizados a diferentes colectivos grazas ao Banco de Alimentos Rí­as Altas. Dita actividade execútase dentro do programa “Deporte Solidario” en colaboración coa Fundación Emalcsa. Tamén poderedes traer material escolar e xoguetes que serán entregados á Cruz Vermella.

+ ís 12:00, no Campo da Leña, o Centro Xuvenil Abeiro fará actividades e xogos para todas as familias que queran participar.

+ ís 16:30, no Campo da Leña, a Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular montará xogos populares e tradicionais para as veciñas e veciños do Barrio.

+ ís 17:00, na Praza dos Avós (Centro Cí­vico de Monte Alto), a Asociación Cultural Son d´Aquí­ organizará un obradoiro de Baile Tradicional para as nenas e nenos que desexen aprender muiñeira e jota. Ao final do obradoiro os nenos/as farán unha coreografí­a tradicional cos puntos aprendidos.

No obradoiro poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos. No caso de choiva farémolo no local de Son d”™aquí­ (rúa Valencia, 4). O obradoiro será impartido polo mestre de baile Xabier Espasandí­n.

+ ís 18:00, no Campo da Leña, o Grupo de Teatro Noite Bohemia do Instituto Zalaeta interpretará a obra “Miles Gloriosus”. Obra que interpretaron no Teatro Jovellanos de Gijón, no Colón da Coruña, no Palacio de Festivales de Santander e no Teatro Romano de Segóbriga (Cuenca).


PROGRAMACIóN ACTIVIDADES DOMINGO 6

+ ís 12:00, o Colectivo Poético-Literario “In Nave Civitas” fará un roteiro que sairá da Praia Santo Amaro e percorrerá todos os recunchos da costa da Torre e coñeceremos os nomes e historias das súas pedras, furnas e lugares. Tamén será unha homenaxe ao histórico percebeiro coruñés e veciño do Barrio, Milucho Mariñas.

+ ís 14:30, Merendiñas da Torre: Xantar popular no que, as persoas que o desexen, poderán traer comida, instrumentos musicais, xogos para pasar unha tarde en comunidade recuperando unha tradición do noso Barrio.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal