>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Setembro 2015 na Casa das Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 3 / 9 / 15 )






Mércores 9, 16, 23 e 30 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 3 ás 21h 5€
CROMÁTICA PISTONA
Cromática Pistona é unha banda de Madrid concibida como orquestra popular de swing-jazz-rock con vocación festiva, cuxa proposta musical, baseada nun repertorio orixinal con letras en varios idiomas, compleméntese cunha elegante posta en escena en directo: a diversión e o baile están asegurados.

Xoves 10 ás 21h 3€
OS PORCOTEIXOS
Os Porcoteixos, trÍo de música tradicional, facendo un percorrido polo repertorio dos países celtas como Irlanda, Escocia, Bretaña, e Galiza. Formado por Chick Macauley(Guitarra, Escocia), Roi Vazquez (Frautas, Gaita) e Jordi do demo (percusións, Galiza).

Venres 11 21h 5€
MATTHEW MUTCH - O Peregrino cantante
Cantante e compositor canadiano, Matthew Mutch naceu en Hamilton (Ontario). As súas cancións son resultado das súas moitas peregrinacións polo Camiño de Santiago.
Matthew camiña só. A súa guitarra é a súa compañía. Escribe sobre o que ve, o que se atopa e, por suposto, sobre o que sente. As súas composicións son ricas en pensamentos de amor, medo, tristeza, alegría e un interminable sentido de admiración.
Matthew Mutch chega a Santiago de Compostela para presentar a súa música. Entre os seus discos inclúense os inspirados no Camiño: "Walkin' the Way of St. James" e "Steeltown Pilgrim", que preceden ao seu primeiro disco "Enter".

Xoves 17 21h 5€
RECONTO DE DANOS, Intervención de Ampar Malo
Reconto de Danos é una peza de nova creación executada pola creadora Amparo Malo.
O que un quere ser e acaba sendo, materializado no corpo dunha bailarina de ballet.
Este é o eixo central arredor do cal xira esta hibridación de teatro, danza, cabaret e performance. Nace da intención de espertar no espectador un estado emocional xerado por imaxes de impacto.

Xoves 24 21h 7€
BONEY FIELDS & BAKIN BLUES BAND
Boney Fields (Chicago, 1958) volve a xuntarse coa Bakin Blues Band en Santiago de Compostela. Boney Fields é un dos trompetistas máis recoñecidos da escea do blues actual, formou parte da banda de James Cottom durante os oitenta, pero tamén tocou con bluesmen da talla de Junior Wells, Buddy Guy ou Luther Allison.
Dende o seu primeiro encontro no 2010, Boney Fields e a Bakin Blues Band levan realizando un feixe de concertos xuntos dentro e fóra de Galicia (Sala Capitol, Festival de Blues de Burlada, etc). A complicidade entre o de Chicago e os galegos dá lugar, sen dúbidas, a un directo de blues dos máis potentes e divertidos."














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal