NOVAS RELACIONADAS:
Por terceiro ano consecutivo, celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, un serán con moita aceptación nos arredores. A data establecida é sempre o segundo sábado do mes de setembro, que este ano cadra o día 12.
Neste serán colabora toda a parroquia aportando comida e bebida. Os veciños e veciñas acoden ao serán cunha torta, uns chourizos, uns ovos cocidos e viño, que doan de balde e que logo serán repartidos, tamén de balde, entre todos os asistententes ao longo da tarde noite. Os veciños que teñen algún tipo de negocio aportan un agasallo dos que se fan sorteos. O diñeiro recadado serve para axudar a subvencionar a escola de baile, gaitas e pandeiretas dependentes da Asociación organizadora do serán.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén, que conta cun grupo de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras e cantareiras que, por suposto, van actuar no serán abrindo e pechando as actuacións.
|