
O vindeiro sábado 5 de setembro terá lugar a segunda edición da Romaría Tradicional BoqueiSons: feira de artesanía, musica tradicional, xogos populares, concursos, photocall, obradoiro de iniciación ao baile, pulpeiro, espazo para comida campestre ... etc, todo esto e moito máis na Carballeira de Rodiño, en Sergude (Boqueixón), ao carón da Taberna O Portugués. A partir das 13:00h dará comezo a festa, e logo ata que o corpo aguante!! Os doce grupos que compoñen o cartel tocarán ata aproximadamente as 22:30, e logo foliada libre!! Non deixes o teu instrumento na casa, que logo farache falta!!! E para meterte de cheo na festa trae os teus zocos e vestimenta tradicional!
As agrupacións musicais que poñerán música a esta fermosa Romaría, son: Son de Ghaita (Sergude) Pandereteiras de Codeso Pena do Corvo (Codeso) Muxicas da Silveira (Camporrapado) Loaira (Lestedo) Estralampo (Lestedo) O Ghusto do Boi (Lestedo) Gharatuxa (Compostela) Recobio de Vaamonde (Teo) Esfolladores de Illobre (Vedra) Pasabodeghas Troupe (Vedra) Son´s da Mina (Fontao - Vila de Cruces)
|