>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Romaría Tradicional BoqueiSons en Sergude (Boqueixon - A Coruña)

(ultima actualización: 2 / 9 / 15 )





O vindeiro sábado 5 de setembro terá lugar a segunda edición da Romaría Tradicional BoqueiSons: feira de artesanía, musica tradicional, xogos populares, concursos, photocall, obradoiro de iniciación ao baile, pulpeiro, espazo para comida campestre ... etc, todo esto e moito máis na Carballeira de Rodiño, en Sergude (Boqueixón), ao carón da Taberna O Portugués.
A partir das 13:00h dará comezo a festa, e logo ata que o corpo aguante!! Os doce grupos que compoñen o cartel tocarán ata aproximadamente as 22:30, e logo foliada libre!! Non deixes o teu instrumento na casa, que logo farache falta!!! E para meterte de cheo na festa trae os teus zocos e vestimenta tradicional!

As agrupacións musicais que poñerán música a esta fermosa Romaría, son:
Son de Ghaita (Sergude)
Pandereteiras de Codeso
Pena do Corvo (Codeso)
Muxicas da Silveira (Camporrapado)
Loaira (Lestedo)
Estralampo (Lestedo)
O Ghusto do Boi (Lestedo)
Gharatuxa (Compostela)
Recobio de Vaamonde (Teo)
Esfolladores de Illobre (Vedra)
Pasabodeghas Troupe (Vedra)
Son´s da Mina (Fontao - Vila de Cruces)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal