>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ferrol homenaxea a María Manuela, o 4 de decembro no Teatro Jofre
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 1 / 12 / 08 )





O Concello de Ferrol, a cidadanía e algúns dos mellores artistas do
panorama musical galego se unirán o mes que vén para rendir unha
sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa
traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Será nunha gran
gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partir
das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta.

Así o explicaba esta tarde a concelleira de Cultura, Mercedes
Carbajales, quen destacou que a iniciativa de levar a cabo este
recoñecemento partiu dun colectivo de cidadáns e cidadás, que non
dubidaron en poñerse en contacto coa Administración local ferrolá e
con outras institucións públicas para solicitar a súa colaboración. Deste
xeito, o evento está patrocinado ademais polos concellos de Narón e
Fene, polas Consellerías de Innovación e Industria e de Cultura e
Deporte e pola Vicepresidencia da Igualdade, así como tamén pola
Televisión de Galicia, que será a encargada de restransmitir a gala do
día 4, como culminación dos actos previstos.
Nesta liña, Mercedes Carbajales avanzou que Susana Seivane, Rosa
Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán e María do
Ceo serán algúns dos artistas que acompañarán a María Manuela na
gala, e que interpretarán xunto a ela algunhas das pezas máis
coñecidas do seu repertorio, como “Barco negro”, “Gaivota”, “Habemos
de ir a Viana”, “Idioma Meu” ou “Miña nai e maila túa”, entre outras.
Xurxo Souto presentará o evento, mentres que a dirección musical
correrá a cargo de Nani García e Xurxo Varela, este último fillo da
propia María Manuela. Outro dos seus fillos, Anxo Varela, foi o
encargado de deseñar o cartel que ilustra a cita.
Pola súa parte, o portavoz do colectivo que tomou a iniciativa de facer
esta homenaxe, Xosé Lastra, explicou que a intención coa que se leva
a cabo é sobre todo a de poñer de manifesto ante o público a carreira
e o valor artístico incontestable de María Manuela, moi presente
dentro do mundo da música e da pintura en Galicia dende hai varias
décadas, pero que quizás non conta co recoñecemento que realmente
merece. En definitiva, segundo engadiu Xosé Lastra, preténdese facer
unha chamada de atención contra a ocultación dunha inquebrantable
personalidade artística de primeira orde, sempre disposta a pór a súa
voz e o seu alento en todas cantas causas foi requerida.
Por este motivo, Lastra quixo agradecer o apoio prestado dende o
primeiro momento polo Concello de Ferrol e o resto de entidades que
fan posible que María Manuela reciba dos seus propios veciños e
veciñas as mostras de cariño e admiración. Pero tamén, a todos os
artistas que non quixeron perderse esta homenaxe, a maioría dos
que foron invitados a participar. Os que non puideron, explicou, foi
unicamente por motivos de axenda.
Así mesmo, tamén están previstos unha serie de actos paralelos,
como é o caso da exposición de pintura de María Manuela no Ateneo
Ferrolán, que estará aberta ao público do 1 ao 14 de decembro, ou as
mesas redondas que se abordarán, tamén no Ateneo, para abordar a
figura artística da cantante. A primeira delas, o día 1, leva por título
“María Manuela, a súa pintura no seu tempo” e conta coa participación
de Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López. A segunda, o 2 de
decembro, “María Manuela, a súa música no seu tempo”, contará con
Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela.





NOVAS RELACIONADAS:



María Manuela, habemos de ir
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2008/12/mara-manuela-habemos-de-ir.html




Dentro dos actos de homenaxe a María Manuela, o Ateneo Ferrolán ten a sorte de ofrecer as actividades paralelas á Gala Central.

Do 1 ao 14 de Decembro, na sala de exposicións do Ateneo, estarán expostas varias obras pictóricas da artista ferrolá.

O 1 de Decembro, realizarase unha mesa redonda "María Manuala, a súa pintura no seu tempo", ás 20:00hs. na que intervirán Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López, a mesa estará moderará por Chelo Loureiro.

O 2 de Decembro, continuarase con a mesa redonda "María Manuala, a súa pintura no seu tempo" tamén ás 20:00hs. e desta vez intervirán Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela, a mesa estará moderará por Xulia Díaz.

A Gala Central será no Teatro Jofre o xoves 4 de decembro ás 20:30hs.





María Manuela, habemos de ir
http://folque.com/cmn-wp/?p=1192


Vaise celebrar en Ferrol o vindeiro día 4 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol nunha gala -retransmitida pola TVGalega-. Será unha homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Un recoñecemento que partiu dun colectivo de cidadáns e cidadás, que non dubidaron en poñerse en contacto coa Administración local ferrolá e con outras institucións públicas para solicitar a súa colaboración da bisbarra e de GAlicia.

Entre os artistas que pasarán polo esceario figuran Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán e María do Ceo, entre outros moitos. Eles acompañarán a María Manuela na gala, na que interpretarán xunto a ela algunhas das pezas máis coñecidas do seu repertorio, como “Barco negro”, “Gaivota”, “Habemos de ir a Viana”, “Idioma Meu” ou “Miña nai e maila túa”, entre outras.

Xurxo Souto presentará o evento, mentres que a dirección musical correrá a cargo de Nani García e Xurxo Varela, este último fillo da propia María Manuela e do xa falecido e sempre recordado Miguel Tranquilo.





Habemos de ir, Homenaxe a Maria Manoela en Ferrol o 4 de Nadal
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=607


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal