>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

I Festival "Sons na Cortiña" (San Sadurniño)

(ultima actualizaci�n: 28 / 8 / 15 )





Sábado, 29 de agosto ás 22:30
Lugar da Cortiña, San Sadurniño (Ao pé do Río Xubia)

Para pechar unha intensa xornada de posta en valor do rural e do deporte solidario deberemos voltar á beira do Xubia. E é que a partir das 22.00h. se vai celebrar no lugar da Feira Rural o primeiro festival de música "Sons na Cortiña".

Trátase dunha cita aberta a todos os públicos -aínda que pensada para a xente nova- enmarcada na programación de lecer impulsada polo departamento de Mocidade. A entrada é gratuíta e actuarán tres grupos:

-Tardepiache
-Labanda
-Sonoro Maxín

Ademais, contaremos entre actuación e actuación cos monólogos e o humor do cómico Pedro Brandariz.



A Feira Rural de San Sadurniño é un encontro que pretende por en valor as posibilidades da economía rural e o aproveitamento sustentable dos recursos, xa sexan naturais, agrícolas, patrimoniais ou de calquera outro tipo.
A feira comezará ás 10.00h e prolongarase até as 19.30 horas cun completo programa de actividades. Entre elas a exposición e o concurso de froita autóctona, no que poderán participar aquelas persoas que teñan variedades do país. Ademais tamén se habilitará espazo para que os produtores da zona poidan comercializar directamente os seus produtos de calidade ou ben vender artesanía e artigos de segunda man.

Programa completo:

10.00h. Apertura de expositores de Agroalimentación, Artesanía, Viveiros e 2ª man - (Inscricións ata o 26 de agosto)

Actuacións/Exhibicións:
11.00h. Charanga “Vai Rañala Meu”
17.00h. e 18.00h. Exhibición de can de pastoreo

Concurso da Froita Autóctona
10.30h. a 11.00h. Inscricións de lotes de froita para concurso
13.30h. Fallo e entrega de premios: mellor lote, mellor variedade, variedade en perigo de extinción/menos abondosa e agasallo dunha froiteira por participar na exposición.
14.00h. Primeiro sorteo de cestos de froitas en exposición e produtos variados
19.00h. Segundo sorteo de lotes con produtos

Probas:
11.00h. a 13.30h. 4ª Copa Agility Concello de San Sadurniño.

Visitas Guiadas:
11.30h. e 17.00h. Visita guiada á Horta de Froiteiras Autóctonas.
12.30h. e 18.00h. Visita guiada ao Apiario Didáctico.

Actividades/Obradoiros:
11.00h. a 14.30h e de 15.30 a 19.00h. Baixadas en Kaiac polo Río Xubia. Inscrición previa no posto do Concello
11.00h. a 19.30h. Obradoiro de enxeños solares, chapas, circo e montaxe de dinos xigantes
11.00h. a 19.00h. Obradoiro da Casa do mel de Goente
11.30h. 14ª Roda cicloturista Concello de San Sadurniño (10 km. de dificultade baixa). Inscrición previa no posto do Concello
12.00h. a 14.00h. Xogos tradicionais "Eira Xandobeleira"
13.00h. Cata de viño e sidra elaborada no C.F.E.A. de Guísamo con variedades autóctonas, acompañada con queixo do Casal. Posto do Concello.
16.00h. a 17.30h. e de 17.30 a 19.00h. Obradoiro de Cociña Creativa para nenos e nenas (2 quendas). Inscricións previas no posto do Concello, límite de 20 prazas por quenda.

Exposicións Permanentes:
- Apicultura da Asociación A.G.A. de Ferrolterra
- Froita Autóctona da Asociación A.G.F.A. do Eume
- Cociñas e trebellos solares da Asociación Os Picos do Sol
- Can de Palleiro do club de raza can de palleiro

Na feira haberá onde xantar polbo ou churrasco a prezos populares. Outra opción son algún dos restaurantes da zona -A Granxa, O Muíño do Pepe, Os Cazadores, Riboira ou Casa Manolo-, para os que aconsellamos chamar e reservar con antelación.

19.30h. Clausura da VII Feira Rural

Pola noite, a partir das 22.30, teremos no mesmo sitio o I Festival de música Sons na Cortiña organizado pola Concellaría de Mocidade.




NOVAS RELACIONADAS:



Programa da VII Feira Rural San Sadurniño
http://sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?idNovidade=1239


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal