
Do 27 de agosto ao 5 de setembro.
MONUMENTA, difusión do patrimonio restaurado, é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor de igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos galegos nos que se realizaron diferentes intervencións para a súa conservación ou restauracións de interese arquitectónico e artístico.
PROGRAMA 2015
XACEMENTO ARQUEOLóXICO DE TOURóN Leilía DATA: xoves 27 de agosto COMO CHEGAR: Tourón, Ponte Caldelas (Pontevedra). Desde Ponte Caldelas, cómpre tomar a estrada autonómica PO-532, dirección Pontevedra, e seguir a sinalización cara ao centro arqueolóxico. 20.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao centro de interpretación. 20.30 FALADOIRO MONUMENTA. O comisario de arte contemporánea íngel Cerviño e o artista sonoro Carlos Suárez falarannos da relación entre natureza e arte no século XXI. 21.00 MONUMENTA EN CONCERTO. Leilía en concerto nos exteriores do centro de interpretación. 22.00 ANDAR CON ARTE. Entre lusco e fusco, visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á area arqueolóxica e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martínez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomía, guiaranos polo firmamento e axudaranos a establecer conexións co xacemento.
O GóTICO MARIñEIRO DE NOIA Talabarte Trío DATA: sábado 29 de agosto COMO CHEGAR: Noia (A Coruña). Desde Santiago de Compostela, autovía AG-56 e comarcal AC-550. 19.30 MONUMENTA DIVULGA. Acompañados pola arqueóloga municipal Ana Filgueira, visitaremos a igrexa de Santa María a Nova, o museo de laudas gremiais e o seu cemiterio, para facer voar a imaxinación e evocar tempos pretéritos. 20.30 FALADOIRO MONUMENTA. O xornalista e músico Xurxo Souto realizará unha fermosa “barriografía” de Noia en conversa con diferentes veciñas e veciños protagonistas da actualidade cultural e social de Noia. 21.30 MONUMENTA EN CONCERTO. Talabarte Trío rematará a xornada cun concerto moi especial na praza do Tapal.
AQUIS QUERQUENNIS ODAIKO DATA: domingo 30 de agosto COMO CHEGAR: Parroquia dos Baños (San Xoán), Os Baños, Bande (Ourense).En pasando Celanova, dirección Bande, continúase cara a Portugal pola OU-540 e, a 7.5 km de Bande, cómpre virar á esquerda e seguir a sinalización do xacemento. 18.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova. 18.30 ANDAR CON ARTE. Andaina narrada por Santiago Ferrer (arqueólogo) e Manuel Rivero Pérez (antropólogo e sociólogo) ata o campamento militar, con visita ao xacemento arqueolóxico e ás termas. 20:00 MONUMENTA EN CONCERTO Odaiko en concerto nos exteriores do centro de interpretación da Fundación AquaeQuerquennaeVia Nova.
SANTALLA DE BóVEDA DE MERA Rodrigo Romaní DATA: sábado 5 de setembro COMO CHEGAR: Parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, no concello de Lugo (Lugo). Ao saír de Lugo cidade pola estrada vella a Santiago de Compostela (LU-232), antes de chegar a Friol cómpre desviarse á dereita e seguir a sinalización do templo polas estradas LU-P-2901 e LU-P-2903. Tamén se pode ir polo Camiño Primitivo desde Palas de Rei. 18.00 MONUMENTA DIVULGA. Visita ao monumento de Santalla de Bóveda de Mera da man da especialista en arqueoloxía da arquitectura Rebeca Blanco. 18.30 ANDAR CON ARTE. Andaina circular pasando polo castro de Corvazal. Durante o paseo, o xeógrafo Juan López Bedoya analizará esta paisaxe agraria para achegarnos á flora e á fauna características da zona. 19.30 FALADOIRO MONUMENTA. O arquitecto Antonio de Vega falaranos da relación entre a paisaxe e a característica arquitectura popular de Santalla. 20.00 MONUMENTA EN CONCERTO. Rodrigo Romaní en formato trío nos exteriores da igrexa de Santalla de Bóveda de Mera.
|