Venres 21 e Sábado 22 de agosto no peirao de Escarabote
O venres estará adicado a FOLIADA, na que participarán grupos como Adorniña Abanqueiro, Aixola Pandereteiras, Gaitas Barlovento, As pandereteiras de Aroña, Rianxeiras da Covecha, A.c. Fiadeira, Lumieira, Nunca E Tarde, entre outros... Pero esperamos que logo todos vos animedes a bailar polo menos unha muiñeira na foliada libre!! Tamén contaremos cunha barra na que serviremos bebida e diferentes tapas como MEXILLÓNS e CHURRASCO a prezos populares, para colaborar co noso grupo de baile
O sábado 22 centraremos o programa da fin de semana folclórica no noso XXVII Festival. Comezaremos ás 19:30 h cun PASARRÚAS ata o peirao de Escarabote onde terá lugar o FESTIVAL ás 20:00 h, no que compartiremos escenario co grupo mallorquín Esclafits I Castanyetes. Este ano vamos a contar cunha interesante novidade da mán de Patri e Mariló, ás que queremos agradecer a súa disposición e colaboración en todo momento. Trátase dunha representación na que aprenderemos moito sobre a HISTORIA DO NOSO TRAXE TRADICIONAL, unha mostra da súa evolución e todas as curiosidades que o envolven. Se queredes saber máis só tendes que acercarvos...
|