>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

III Foliada Santaia (Oleiros)

(ultima actualizaci�n: 21 / 8 / 15 )





Sábado, 29 de agosto ás 18:00
Praza Esther Pita, Santa Cruz



Este ano, incorporamos moitas novidades ? Dende as 18:00 e ata ás 20:00h todos os nenos (e non tan nenos) poderán participar nun montón de xogos ubicados na propia praza Esther Pita.

A partir das 20:00 h comezan a música, o baile e as actuacións! Polo escenario pasarán grupos de toda a comarca con moitas gañas de facernos vibrar. E tras a quenda de actuacións daremos paso á FOLIADA LIBRE á que convidamos a todo o mundo a participar e acompañarnos para facer deste evento unha festa inesquecible!

E non vai ser todo bailar e tocar. Todos os que vos acheguedes á Foliada atoparedes o bochinche preparado para dar de beber ás gorxas cansadas, e cunha variedade de pinchos para encher os bandullos baleiros. Ó seu lado, no stand de Santaia poderedes mercar CDs e camisetas para levar Santaia por todo o mundo. E algunha sopresa máis que iremos revelando máis adiante!

E aínda non rematamos… durante toda a noite teremos á venda rifas a 1€ para poder participar no sorteo de incribles premios, colaborando desta forma coa Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz!

Aínda non estades convencidos? Que mellor forma de rematar o mes de agosto? Esperámosvos en Santa Cruz ? Avisade a todo o mundo!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal