>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

XVIII NOITE FOLK (NEGREIRA)

(ultima actualizaci�n: 20 / 8 / 15 )





Sábado, 22 de agosto
Refuxio de Covas

-LIMAGOIA - 22:00h
-LEILÍA - 23:00h
-BUDIÑO - 00:30h. Con Isaac Palacín, Alfonso Casi Siempre, Fernando Barroso,e como convidado especial: Xabier Diaz.


Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros de maior proxección internacional: Budiño.

XANTAR POPULAR
Nesta XIII edición a festa comezará ó mediodía, cun xantar popular que inclúe empanada, churrasco, pan, viño refrescos, postre e café por un prezo de 12?. Os tickets poden mercarse ata o 20 de agosto nos seguintes locais de Negreira: Cevecería A Vila, Cafetería O Cotón, Cervecería Trisquel, Gar Sport, Bar Casa da Cultura, Panadería Rïos, Noso Lar, Cafetería Abrente e Delegación de Cultura e Deportes do Concello.

FOLIADA DE TARDE
Ademais, como novidade, dende a organización fan un chamamento a aquelas agrupacións que queiran asistir ó longo da tarde a facer foliada. Os grupos participantes recibirán tíckets para consumir na barra e tamén se lles dará de cear gratuitamente. Para anotarse deben enviar un e-mail indicando o nome do grupo, de onde veñen e o número de membros que acudirán a tocar. A dirección de correo é noitefolknegreira@gmail.com. Aquelas persoas que o prefiran poderán comunícalo directamente no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

A entrada é totalmente de balde. Haberá aparcadoiro vixiado e con luz e zona de acampada gratuíta.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal