>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Festival `Son da Lúa Meiga´, 20 de Decembro en Soutomaior

(ultima actualizaci�n: 28 / 11 / 08 )





SON DA LÚA MEIGA


CAS DO POBO VAL - SOBRAL
CONCELLO DE SOUTOMAIOR (PONTEVEDRA)
SÁBADO 20 DE DECEMBRO
A PARTIR DAS 21:30H

CONCERTO CON:

TRES ESTRALOS
TANTO NOS TEN
REGUEIFEIROS TRIOLIRO



E A CONTINUACIÓN, ESCENARIO ABERTO
PARA TÓDOS OS QUE QUEIRAN SEGUIR FACENDO FESTA

“ANÍMATE E TRAE O TEU INSTRUMENTO!
www.noitedaluameiga.org

Organizado polo Colectivo Lúa Meiga e a Asoc. Cultural Sta. María do
Viso, coa colaboración da Asociación Veciñal 8 de Decembro.



Noticia enviada por Xosé Covelo Míguez

- festivais -


NOVAS RELACIONADAS:



Xolda á luz da lúa no Val Sobral
http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/radioredondela/xolda_a_luz_da_lua_no_val_sobral


A Casa do Pobo do Val Sobral acolle este sábado o festival Son da Lúa Meiga convidando a todos os que o desexen a subirse ao escenario e demostrar as súas cualidades musicais. O programa do festival inclúe a actuacións do grupo de Arcade “Tres estralos”, a quen seguirá Tanto nos ten (TNT), unha grupación que ademais de temas tradicionais inclúe no seu repertorio cancións propias, onde o escarnio e o saber popular complementan os ritmos bailables como muiñeiras ou mazucas. Completan o cartel os tres "regueifeiros" del grupo Trioliro, que tamén se encargarán de animar a velada.
O festival iniciarase ás 21:30 horas na casa do Pobo do Val Sobral organizado polo colectivo Lúa Meiga. Logo das actuacións o escenario estará aberto para todos os que queiran seguir facendo festa, polo que se anima aso que así o desexen a levar os seus intrumentos musicais.





Xornal de Galicia
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=42186


Tentando que a música tradicional, o folk e a música en galego feita en Galicia non sexa un fenómeno cultural estacional ligado ós festivais de verán, e buscando que a música galega forme parte dos momentos de esparcemento de todos os estamentos sociais, celebramos o “Son da Lúa Meiga”, unha continuación do xa consolidado Festival da Noite da Lúa Meiga, donde se pretende potenciar a novos talentos da música galega, principalmente no eido tradicional e folk.
Contarase con grupos noveis da comarca e da provincia facilitándolles así un escaparate para amosar as súas pezas e as súas interpretacións musicais. Favorecerase tamén que os artistas conflúan nas súas actuacións facendo un final donde tódas aquelas persoas que se animen a levar o seu instrumento suban ó escenario para continuar coa festa.

Son da Lúa Meiga é tamén unha xuntanza da xente que vive e enreda no seu tempo de lecer coa música tradicional galega, buscando unha noite donde predomine a festa, donde grandes e pequenos poidan xuntarse a botarlle unhas muiñeiras ou uns agarrados, donde todos nos identifiquemos coa nosa música tradicional en galego. Tamén a sorna e a crítica estará presente da mans de coñecidos regueifeiros de Galicia.

Celebrarase o Sábado 20 de Decembro a partir das 21:30h na Casa do Pobo do Val-Sobral (Soutomaior).

Nota:
Como non, estades todos convidados e seguro que valerá a pena acercarse pois esperamos montar unha boa Festa Rachada.

Actuarán:

- TRES ESTRALOS
- TANTO NOS TEN
- REGUEIFEIROS TRIOLIRO (Luis O Caruncho, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira)

Despois, todos aqueles que queiran tocar poderán facer toda a festa que queiran.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal