
O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa.
Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde.
As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás 7:00h con outro obradoiro de iniciación ó baile. Ás 8:00h da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.
A partir das 9:30h quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.
|