>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Xornal :Romaní presenta o resultado dunha investigación sobre a música folk galega
Fonte / M�is informaci�n



A Fundación Sondeseu, que preside o músico Rodrigo Romaní, presentouse esta en sociedade no decurso dunha rolda de prensa celebrada no Club Internacional de Prensa. Unha presentación avaliada xa de comezo, cun vasto traballo sobre o ensino da música tradicional, a danza e o folk en toda a xeografía galega. Romaní presentou os resultados da investigación "Música folk e tradicional Galiza 2006. Realidade socioeconómica". 1.000 entrevistas, 1.350 actividades relacionadas, máis de 700 centros de ensino, máis de 600 profesores e arredor de 24.000 alumnos constituíron o traballo de campo deste Estudo. Á presentación pública da Fundación asistiron Luís Bará, Celestino Poza e Juan Durán.

(viernes 10 de noviembre de 2006)

XORNAL I A Coruña.- O estudio de campo foi realizado no período que abrangue dende Outubro 2005 a Outubro 2006 en base a máis de 1000 entrevistas personais a profesores e centros e a análise de 1350 actividades relacionadas. Máis de 700 centros de ensino, máis de 600 profesores e un numero de alumnos que oscila entre 20.000 e 24.000, foron as cifras manexadas no Libro Branco do Ensino en Música Tradicional, que será exposto en toda súa extensión no I Congreso de Ensinantes a celebrar en Santiago o vindeiro 18 de Novembro.

Entre as súas conclusións aparece a continua renovación de profesores e alumnos, a precariedade laboral dos docentes e o afastamento que este tipo de ensinanza musical veu padecendo ata hoxe nos itinerarios do ensino regrado. O estudo foi financiado con fondos da Consellería de Cultura e Deportes e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e da propia Fundación Sondeseu, contando así mesmo coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de A Coruña.

O acto de presentación correu a cargo de Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Celestino Poza, Presidente da Comisión de Cultura da Diputación coruñesa, Juan Durán, Subdirector Xeral de F.P. e Ensinanzas Especiais, e Rodrigo Romaní, Presidente da Fundación Sondeseu














COMENTARIOS:







Case tres cuartos dos profesores de música tradicional traballan sen
contrato. Este e outros datos achéganolos a Fundación
SondeSeu no Libro Branco da Educación en Música Tradicional. O proxecto nacera en outubro do 2005: a fundación serviu como ferramenta útil para abordar, dende un punto de vista o máis obxectivo posíbel e cunha perspectiva científica e aberta, o estudo da realidade da música tradicional en Galiza e os seus derivados. Queríase facer un estudo dende todos os ámbitos profesionais posíbeis: edición, actividade escénica, artesanía musical, presenza mediática, presenza institucional, mecenado e, finalmente, o ensino. Neste eido tíñano doado: boa parte do Padroado integraron o profesorado do antigo Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, hoxe Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola Municipal de Artes e Oficios.

Entre marzo e xullo do 2006 fixéronselle enquisas a 638 profesores de música tradicional. Estímase que o total en Galiza é dunhas 700 persoas, así que foi entervistado o 90% deste eido profesional. Nos resultados, vemos que o profesorado habita sobre todo nas provincias costeiras (Pontevedra, 40'9%, e A Coruña, 32'4%), e, entre as cidades, hai especial concentración en Vigo.
Son maioritariamente homes (case nun 60%), e xente nova (máis dun terzo ten entre 26 e 33 anos), cun nivel de estudos medio alto (a maioría ten o bacharelato, e hai tamén un gran grupo de licenciados e diplomados).

A formación músical, case na metade dos casos, vén dunha Asociación
Cultural. A seguir, o carácter autodidacta (nun 20%) é outra vía de
coñecemento. Dende logo, queda claro que son xente experimentada: case a metade leva máis de dez anos como docente de música tradicional. Tamén cabe salientar que algo máis da metade leva adiante unha soa actividade, e, o máis importante, un 72% traballa sen contrato. Un 14% teno de carácter eventual, e hai tamén un 4% contratos temporais e por obra. Só o 2% ten un contrato indefinido, e nunha porcentaxe semellante teñen praza pública. De feito, case todos traballan á parte, en actividades formativas relacionadas coa música máis da metade. Dedican menos de catro horas semanais á
actividade docente (nun 75%) e un 63% cobran menos de 200 €.

O Libro Branco aborda outros aspectos, como os centros de ensino nos que se imparten as actividades, as condicións nas que se dán... As máis recorrentes son baile, canto, gaita e percusión. Poden consultar no propio Libro Branco, nos anexos.

http://www.sondeseu.org/LIBRO_BRANCO.pdf

Enviado por Malmequer o 9/1/07 ás 14:14h





 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal