>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XVI Serán O Fiadeiro e festa fin de curso (Vigo)

(ultima actualización: 3 / 7 / 15 )





O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional
O sábado 4 de xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 20.00, comezará un serán infantil con xogos, música e sorteos para @s nen@s que se acheguen ata aquí.

Ás 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.

A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 4 de xullo á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e servirase un pincho para todas as persoas que se acheguen ata á festa.

Novo curso

A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado á asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos e moitas actividades mais.

Contacto – tfno. 986 253 585 / 629 585 355
Secretaria A.C.F. O Fiadeiro


- O Fiadeiro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal