>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Cantos na maré chega á súa sexta edición
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 26 / 11 / 08 )





(texto tirado de: http://www.culturagalega.org/)

Cantos na maré, o Festival Internacional da Lusofonía, chega o
vindeiro mes de decembro á súa sexta edición en Pontevedra. O
evento contará desta volta coa presenza de Sérgio Godinho,
Waldemar Bastos, Sara Tavares, Paulinho Moska e Xabier Díaz.
Ademais do concerto que se celebrará o vindeiro sábado 13 de
decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, o evento inclúe a
proxección de documentais entre os días 10 e 13 de decembro,
encontros de creadores e un proxecto de creación dunha rede coma
punto de encontro entre os espazos da lusofonía.




NOVAS RELACIONADAS:



Volve Cantos na Maré, todo é navegar
http://www.vieiros.com/nova/70496/volve-cantos-na-mare-todo-e-navegar








Cantos na maré chega á súa sexta edición
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=13558








Chega o VI Cantos na Maré
http://www.anosaterra.org/nova/chega-o-vi-cantos-na-mare-.html


Tres continentes, un océano polo medio, e unha mesma lingua:
un ano máis, a cita coa lusofonía volve á Boa Vila. Dende África, o
Brasil, Portugal e Galiza, xúntanse algunhas das voces máis
representativas da música e da cultura.


Aínda que haberá diferentes encontros profesionais e outras
actividades, o día grande é o sábado 13 de decembro: o Pazo da
Cultura pontevedrés acolle dende as 21.00 horas unha festa na que
as voces do brasileiro Paulinho Moska, a caboverdiana Sara Tavares, o
portugués Sérgio Godinho, o angolano Waldemar Bastos e o galego
Xabier Díaz derruban fronteiras e dan as mans sobre o escenario,
baixo a dirección artística de Uxía e Paulo Borges.

Acompáñaos unha banda integrada polo caboverdiano Jon Luz co
cavaquinho, Quiné e João Ferreira na percusión, Rubén Santos ao
trombón, Paulo Temeroso co clarinete, saxo, e frauta), o baixista
Norton Daiello e Guillermo Fernández á guitarra. As entradas para
Cantos na Maré teñen un prezo entre 10 e 12 euros e poderán
adquirirse a partir do 3 de decembro.





Cantos na Maré 2008
http://folque.com/cmn-wp/?p=1187


Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo no estado español, creado en Galiza cunha singular aposta cultural: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces.

CNM é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio.

O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía, resultando un produto musical exclusivo de altísima calidade artística e humana.

Os convidados deste ano serán:

Paulinho Moska (Brasil)
Waldemar Bastos (Angola)
Sara TAvares (Cabo Verde)
Sergio Godinho (Portugal)
Xavier Díaz (Galiza)
Para esta edición celebrarase o concerto o vindeiro sábado 13 de decembro ás 21 h no Pazo da Cultura de Pontevedra aínda que haberá entre o 11 e o 13 outras actividades coma proxeccións de documentais e encontros cos artistas.

Máis información na páxina web: www.cantosnamare.org





Presentación de 'Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía'
http://www.pontevedracultura.org/concellaria/nova.php?id_nova=61&lg=gal


'Cantos na Maré' non é un espectáculo ao uso, os días de convivencia dan lugar á creación conxunta e a partir de aí xorden novos proxectos. Entre os días 10 e 13 de decembro o Festival dará cita aos distintos profesionais da industria musical, nun espazo de intercambio real. Trátase dun espazo de oportunidade para todos os músicos, e para o público en xeral.

Na mañá do mércores 3 de decembro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a presentación da sexta edición de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. No acto estiveron presentes dona Lola Dopico, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra; Dona Mª Xesús López Escudeiro, delegada da Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia; Dona Gloria Rodríguez, representante da Fundación Caixa Galicia; Uxía, directora artística de Cantos na Maré; Don Samuel Rego, do Instituto Camôes e Xabier Díaz, artista galego convidado a CNM08.
Nun acto distendido, os xornalistas compartiron almorzo cos responsables de Cantos na Maré, que informaron dos obxectivos e programación desta 6ª edición.

Lola Dopico tomou a palabra para lembrar que Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía, é un proxecto moi especial. “Nesta nova edición, artistas e músicos pertencentes aos territorios dese mapa común trazado hai xa 6 anos, reuniranse unha vez máis para crear e producir un espectáculo único, unha festa para todos nós”.

Segundo a Concelleira de Cultura, con este proxecto xurdiu o ano pasado a posibilidade e o interese, vencellado a ese mapa da lusofonía, dunha nova aposta, CNMRede. “Cremos que agora é o momento para establecer unha cita para os distintos profesionais da industria musical, un punto de encontro de produtores, artistas, xornalistas e outros axentes culturais para promover novos horizontes ás industrias culturais e creativas aportando un espazo de intercambio real”.

Actividades diversas e heteroxéneas

Ademais, destacou outras actividades do programa como CNMEncontro, “os encontros cos músicos e artistas teñen resultado experiencias moi interesantes para os estudiantes nas anteriores edicións” ou CNMDocumental, que nos achega a un mundo virtual e narrativo deste mapa que trazamos da lusofonía.

Uxía, como directora artística, destacou a traxectoria dos artistas convidados este ano: Nesta ocasión, artistas chegados desde os distintos territorios da fala lusófona como Sergio Godinho (Portugal), Sara Tavares (Cabo Verde), Paulinho Moska (Brasil), Waldemar Bastos (Angola) ou Xabier Díaz (Galiza), compartirán escenario para crear un repertorio exclusivo baseado no intercambio cultural. “Todos eles teñen moita ilusión por estar aquí e compartir con nós as súas experiencias”. Ademais, para a creación deste espectáculo contarase cunha banda de músicos que sosterá a estrutura musical do espectáculo e que está formada por músicos que provintes das distintas terras da fala portuguesa.

Este ano Cantos na Maré quere homenaxear as grandes composicións musicais nestes territorios, unha homenaxe ás creadoras e creadores que fan cancións referenciais para os seus países e que traspasan fronteiras. Un ano máis, Paulo Borges será o encargado da dirección musical, o compositor das Illas Açores, coñece en profundidade o repertorio dos compositores que protagonizarán esta edición de Cantos na Maré. Uxía, salientou a súa capacidade para unir todas as sensibilidades dos músicos.

Cantos na Maré non é un espectáculo ao uso, os días de convivencia dan lugar á creación conxunta e a partir de aí xorden novos proxectos como Aló Irmao, froito da unión do guitarrista e cantante guineano Manecas Costa e do músico galego Fran Pérez, NARF. Non só se trata de traer artistas de renome, na filosofía de Cantos na maré está descubrir novos valores da lusofonía. CNM ten intención de expandirse e posibilidades de facelo pola súa singularidade. Contamos coa complicidade dos medios, Radio 3 coa súa gravación en directo contribuirá a súa difusión e proxección.

Xabier Díaz, falou do interesante que resulta este encontro para os artistas, a súa participación na 1ª edición foi unha experiencia marabillosa que deixou a súa pegada no músico galego. “Non é o mesmo participar nun espectáculo que convivir durante días creando. É un espazo de oportunidade para todos os músicos, e tamén para o público.” Xabier, dixo que está desexando atoparse cos outros artistas convidados, “teño moito interese en coñecer e traballar con Paulinho Moska, un artista que admiro”.





Sérgio Godinho encabeza el Festival Cantos na Maré
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sergio/Godinho/encabeza/Festival/Cantos/na/Mare/elpepiau








Pontevedra acolle un ano máis o Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na Maré
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11957


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal