>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festifolk Costa da Morte.
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 18 / 6 / 15 )





O próximo sábado 20 de xuño celebrarase en Carballo o Festifolk Costa da Morte, cun programa que inclúe o desfile dos grupos de gaiteiros polas rúas do centro de Carballo e á noite as actuacións dos grupos Birimbao e Luar Na Lubre.

O desfile pasará pola rúa Gran Vía onde interpretarán a Muiñeira de Lugo, pola Doutor Fleming e Vázquez de Parga tocando o Pasodoble de Pastoriza e pola Estación de Trolebuses-Praza de Galicia-Rúa Coruña cara á Praza do Concello interpretando Buxos Verdes.

Na Praza do Concello reuniranse para interpretar as pezas anteriores e rematar co Himno do Antigo Reino de Galicia.

O concerto nocturno comezará ás 22h na Praza do Concello coa actuación de Birimbao e unha hora máis tarde terá lugar a actuación de Luar Na Lubre.




NOVAS RELACIONADAS:



O Festifolk Costa da Morte nace para impulsar a música tradicional
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2015/05/29/festifolk-costa-da-morte-nace-impulsar-musica-tradicional/0003_201505C29C7991.htm


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal