>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 23 / 4 / 15 )





O vindeiro venres 24 de abril, ás 20 h, no Salón de Actos (Os Chaos) da Fonsagrada, presentarase ao público o primeiro e único libro que afonda na historia do considerado como último xograr galego, Florencio, o cego dos Vilares. Unha coidada e rigorosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun CD con gravacións orixinais e inéditas do músico fonsagradino. Na mesa de presentación estará Antón Santamarina, autor, Ramon Pinheiro Almuinha, co-autor, editor do libro e director artístico d’aCentral Folque, o alcalde da Fonsagrada Argelio Fernández e o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. O acto pecharase cun concerto de Mini e Mero.


aCentral Folque, publica este libro-cd, o primeiro que profunda, grazas a unha ampla nómina de reputados especialistas, neste personaxe fundamental para a música galega de tradición oral. As gravacións etnomusicolóxicas, contidas no CD, que Antón Santamarina e Dorothé Schubarth lle realizaron a Florencio entre 1979 e 1981 inclúen unha selección do inmenso repertorio de Florencio. A selección abarca tódolos xéneros do cancioneiro galego e inclúe varias pezas instrumentais.


(Prema no título para ler a nova completa)


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal