>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Foliada con Trabalingua (Vigo)

(ultima actualización: 23 / 4 / 15 )





Venres 24 de abril no Café de Mario (Rúa Caracas, 5)

O vindeiro venres, froito da colaboración entre a ESN (Erasmus Student Network) e Trabalingua, realizarase de novo outra foliada para universitarios (e non universitarios tamén) no Café de Mario. E que é unha foliada? Pois unha festa con música tradicional galega en directo, onde ademais os participantes poden traer os seus instrumentos e tocar unhas pezas ou bailar. Todo isto de xeito espontáneo.

En primeiro lugar ás 20.00 haberá un obradoiro de baile gratuíto onde poderás aprender os puntos («pasos») básicos de bailes tradicionais galegos como a xota e a muiñeira.
E se bailar non é o teu… Temos ás 21.00 un obradoiro de canto onde poderas aprender as cinco cancións máis populares da nosa música tradicional.

Na foliada participarán os seguintes grupos:
As pandereteiras de Gargamala
As Rexoubeiras
A charanga da Benita
Os gaiteiros de Altamar

Para asistir aos obradoiros de baile tradicional e de canto hai que anotarse enviando un correo electrónico a asociaciontrabalingua@gmail.com














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal