>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XI Foliada de Melide

(ultima actualización: 22 / 4 / 15 )





VENRES 24 DE ABRIL

Casa da Cultura a partir das 22:00h
Os Melidaos
Tromentelos


SÁBADO 25 DE ABRIL

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11:00h da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana.

CANTOS DE TABERNA
Participarán dezaoito grupos e outros tantos locais de hostalería.

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL
O obradoiro levarase a cabo a partir das 18:00h na Praza do Convento

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada. Un percorrido musical que enche as rúas de Melide de música. Participarán vinte agrupacións musicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas.

SERÁN
O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán xurdiu todo o demáis.

CONCERTOS
Como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Habelas Hainas e Sacha na Horta



DOMINGO 26 DE ABRIL

Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
A exhibición de bailes tradicionais sempre tivo unha presencia destacada dentro da programación do domingo da Foliada. Nesta edición actuará a Escola de música e baile tradicional do Concello de Santa Comba.

CONCERTOS
Actuacións na Praza das Coles, a partir das 18:00h Najla Shami e xa como peche da programación ás 20:00h Os Diplomáticos de Montealto.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal