>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Curso de Reglaxe de Percusión, con Kinhos Saburido

(ultima actualización: 20 / 4 / 15 )






Este domingo día 26 de abril, haberá en Brincadeira, un curso de Reglaxe de Percusión, con Kinhos Saburido. Será de 10 a 13 e de 16 a 19h, e custo e 40?.
Aínda estades a tempo de anotarvos!!!
Falaremos de:
1. Tipos de baquetas a empregar
2. Escumas e acolchados internos
3. Parches e peles
4. Madeiras e acabados
5. Tensados, nudos e cordados
6. Estilos e reglaxes para tocar
7. Bordón
8. Bombos, a busca da 5º (trucos)
9. Estiramentos e posicións.
Faráselle una posta a punto, analizaremos cada un dos instrumentos e amañaremos problemas de son que non gustan ao executante.
1. Análise dos tambores.
2. Desmontaxe total do tambor.
3. Mirado de escuma.
4. Análise de parches
5. Preparación dos tambores dependendo do estilo.
6. Posibles arranxos.
7. Montaxe.
8. Cordados.
9. Nudos.
10. Resolución de problemas e preguntas dos asistentes.
Podedes anotarvos no email gbrincadeira@gmail.com ou no teléfono 625600692


- Brincadeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal