Venres 18 de abril
As 16:00 comeza o Obradoiro de Gaita con David Bellas, os participantes tentade estar algo antes. As 17:00 comeza o Obradoiro de Davide Salvado , igualmente facede por chegar algo antes. As 19:00 comeza o Obradoiro de Baile con Alexandre Sotelino As 20:30 abrimos o torreiro xa cos alumnos de baile
Pola tarde comezaremos a colocar os postos de artesanía e comprácenos comunicarvos que contamos con:
1 - Rosquillas casa da Xorxa. 2 - Os Alegres ,instrumentos tradicionais galegos. 3 - Kira Original, costureira. 4 - Artesanía Moura , traxe tradicional galego. 5 - Galiza en Feltro , artesanía en feltro. 6 - A Cova do trasno , artesanía en coiro .
Foliada dende as 20:30 cos grupos :
1- Sons da Mina 2- Os Arandos de Rodeiro cos nenos da escola de Baile. 3- Fiadeira de Antas de Ulla.
as 22:30 Cea o menú será ( Empanada e churrasco con viño, cafe....etc) contactade con nos para claquera detalle da cea.
4 - Os Varacuncas tocaremos unhas pezas polas mesas coma sempre 5 - Zoadeira 6 - Os Carunchos
Despois foliada libre para todos os que queiran participar
Larga vida a música tradicional e todos os que disfrutamos dela ...apertas e esperámosvos en Santa Baia
|