>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Terbutalina en A Coruña

(ultima actualización: 17 / 4 / 15 )





Terbutalina + Fabuloso Combo Espectro
A Casa Tomada (A Coruña)
17/04/2015
21.00
5€

Terbutalina volve a Coruña para facerche bailar como se te duchases todas as mañás en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos. Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, medrar e divertirse. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o Estado. A mellor mostra do lío que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso. Na Casa Tomada irán, coma sempre, A MUERTE!

Os galegos estarán acompañados de Fabuloso Combo Espectro. A banda madrileña pode presumir dunha progresión modélica nos seus sete anos de andadura. Discos Humeantes publica o seu segundo LP titulado "La herencia de los caracteres adquiridos", onde se endurecen e dan cohesión ao seu son. De certo, todas as etiquetas se lles quedan curtas: no-wave, post-punk... A súa liberdade creativa consigue que non se repitan xamais, afrontando riscos case suicidas.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal