
O vindeiro Venres 17 de abril visita A Cova dos Trasnos un gran amigo; Fernando Barroso Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que forma parte de "Budiño", " Os Cempés" e "Riobó". Na súa traxectoria colaborou con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiais con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. No seu labor como compositor e produtor musical, cabe descatar os seus traballos xunto a Assembly Point (Assembly Point 2011), o grupo catalán RIU, (Amb Canya 2012), o portugués Luís Peixoto (Pop 2012) e o disco debut do acordeonista Andrés Penabad (2014).
Nesta ocasión ofreceranos un concerto acústico no que estará acompañado polo acordeonista Andrés Penabad!
TRALO CONCERTO HABERÁ FOLIADA!!!!!!!
|