
Gaiteiros da parroquia cambresa organizan o venres a súa tradicional foliada, con músicos e bailadores como Susana Seivane, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quique Peón. A música tradicional ten en Cecebre un lugar de referencia. A parroquia cambresa, que dende hai máis de dúas décadas acolle o taller de instrumentos da familia Seivane, recoñecido co Premio Nacional de Artesanía, conta con notables músicos no eido da tradición que con regularidade se xuntan en foliadas ate a madrugada. Tras máis dun ano sin reunirse para tocar e bailar, gaiteiros de Cecebre organizan de novo a xuntanza, que se celebrará na noite deste venres. A máis internacional dos Seivane xa confirmou asistencia, igual que destacados músicos como Pedro Lamas, Roberto Somoza ou Xosé Lois Romero
Gaitas, pandeiretas e aturuxos soarán o venres na popular foliada que dende hai anos organiza un grupo de gaiteiros de Cecebre e que, esta vez, fíxose de rogar. "Unha das últimas foi a do Nadal de 2014, así que hai moitas ganas acumuladas", asegura o gaiteiro e saxofonista Pedro Lamas, un dos amigos de Cecebre que organizan a festa e dos músicos máis coñecidos que participarán no encontro.
(Prema no título para ler a nova completa)
|