>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Abril nas Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 10 / 4 / 15 )





Domingo 5, 12, 19 e 26 20h 3€
JAZZ CON SUMRRÁ
Volven os concertos dominicais de Sumrrá, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional. Este trío, que vén de gañar os Premios Galegos da Música 2014 ao mellor grupo de jazz, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido.
http://www.sumrra.com/

Xoves 9 21.30h
Cata de Libros e Viños Galegos
Con VIDE VIDE e Libraría Ciranda

Venres 10 21h 5€
ALÉN DO SON
Alén do Son nace a finais de 2013 na fronteira con Portugal onde conflúen as ricas tradicións lusae galaica. A banda, intensamente colaborativa, busca constantemente regras que romper e fronteiras que traspasar, combinando xéneros e técnicas, mentres explora as enormes posibilidades dos músicos que a compoñen.
A banda está liderada por José Stewart na batería e Arturo Rúa no piano e nos teclados. Entendendo a música como un todo e partindo do jazz, a exploración lévaos tamén á música africana, o funk, a música da India, a tradición clásica e o flamenco, "sen perder de vista as nosas raíces”.

Martes 14 21h 5€
SÉRGIO TANNUS TRÍO
Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, e autodidacta, o músico foise perfeccionando na búsqueda de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).
http://www.sergiotannus.com/

Mércores 15, 22 e 29 23h 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 16 21h 5€
FADO VIOLADO
Fado Violado son un proxecto musical portugués que cruza flamenco e fado. Parten da tradición viaxando pola Península Ibérica recreando o Fado engadíndolle a densidade do Flamenco mais sen nunca pensarse lonxe da branca, máxica, viaxeira mais melancólica Lisboa. Os Fado Violado nacen das mans de Ana Pinhal e Francisco Almeida o ano de 2008.


Venres 24 21h 5€
FELLOWS
Co gusto sónico ao máis estilo dos 60 dos Count V ou Chocolate Watch Band, e facendo parada en todos o cruzamento de camiños para despachar con Robert Johnson, Muddy Waters ou Hound Dog Taylor, presentan e preséntanse Fellows e o seu disco de debut ‘After Saturn’. Cando o garage desemboca no delta do blues. Son denso, escuro e primixenio, cadencia e decadencia. Non vas bailar pero tampouco vas quedar quieto.
http://fellowstheband.bandcamp.com/

Xoves 30 21h 5€
EJAZZ
Catro voces, catro personalidades, catro estilos que se funden nun só harmonizados a ritmo de jazz, de soul, de bossa-nova, ou de funk. Sorprendentes versións "a capella" que nos trasladarán a diferentes épocas e lugares. Unha proposta musical arriscada e orixinal que non deixa indiferente a ninguén. EJAZZ son: Carmen Rei, Marga Ramos, Betty Queiro e Angeles Dorrio.

DJ sesion Crechas
Venres e sábados














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal