>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Memorial Henrique Otero (Vigo)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 4 / 15 )





Os vindeiros 14 e 17 de Abril de 2015 celebraranse en Vigo os actos do II Memorial Henrique Otero.


O martes 14 de Abril ás 19.00 horas terá lugar o I SIMPOSIO SOBRE A VIDA E A OBRA DO MESTRE HENRIQUE OTERO na BIBLIOTECA do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIGO. (R/FELIPE PRÓSPERI).


 Os contidos do Simposio serán os seguintes:


- Datos inéditos do catálogo de obras do mestre Otero por Xaime Estévez Vila (alumno de Henrique Otero e profesor de gaita no conservatorio superior 1983-1988)


- Henrique Otero nos Cruceiros por Mª Xosé López (primeira alumna de gaita en rematar os estudos impartidos por Henrique Otero)


- As clases no conservatorio de Vigo Por Rosario Guerrero (alumna de Henrique Otero e profesora de gaita no Conservatorio de A Guarda)


- Vintecinco anos co mestre Henrique, por Juan Pena (Alumno de Henrique Otero)


- Mesa redonda: Vivencias có mestre Otero (Breogán de Moaña,Noitarega, Manuel Solla (Cruceiros), Raigames ).


Posteriormente, o venres 17 de Abril, ás 19.30 horas terá lugar o Concerto Homenaxe, este realizarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo sito na rúa Manuel Olivié 23 - O Castro - Vigo. No concerto poderase gozar de actuacións como as de:


 - Beatriz Riobó (soprano), Isidro Vidal (gaita) e Alejo Amoedo (piano) que interpretarán: Oración do Gaiteiro.(1979)


 - Jorge Gándara (gaita), Lois Prado (gaita) e Isidro Vidal (gaita) interpretarán: Variacións sobre as muiñeiras nº1, 2 e 3 (Isidro Vidal)


 - Xiana Teixeiro (gaita) e Lois Prado (tambor) interpretarán: Jota e Pasodobre.(repertorio de Manuel Viqueira) 


 - Agrupación Breogán de Moaña interpretarán:  Muiñeira Breogán.(1986); Ribeirana e Moañesa.(1999); O pasar por Coruxo.(1972)


 - Noitarega interpretarán: De Vigo a Santiago.(1964); Muiñeiras d'Os Campaneiros (R. Os Campaneiros de Vilagarcía); Pasodobre do Cañoto / Samba Querida ( R. do Rique O Salueiro)


 - Carmiña Álvarez e Luís Caruncho interpretarán: Foliada da Peneda.(2003)


-  Juan Pena interpretará: Ana (introdución).Alborada.(1982); O vello gaiteiro (Muiñeira).(1992); O gaiteiro retroncón(Jota).(1993) 


-  Os Carunchos interpretarán: Muiñeira Póstuma a Ricardo Portela.(1992); Lembranzas do gaiteiro (1969); Muiñeira da fonte. (1970).


- Abóbriga interpretarán: Muiñeira de Monteboi.(2012); Das Cruces a Toiriz (Ramon Soto); Foliada dos Catro Camiños (2007)


- Raigames interpretarán: Lumieira.(1981); Xota de Riveira.(1966); Marcha Celta.(1986)


E para rematar soarán en conxunto as pezas: Ventosiño (1970) e a Muiñeira do Lagares (1980) 



Non faltedes!! A entrada é de balde ata completar o aforo!!



- Os Carunchos- Noitarega -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal