>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XI Encontro Internacional de Zanfona en Rianxo

(ultima actualización: 2 / 4 / 15 )





3 de abril no Auditorio de Rianxo
19:30 Presentación "Amadeo Goyanes"
20:30 Concerto ZdZ'15


4 de abril no Liceo Marítimo Rianxeiro
22:30 Baile Assalto ZdZ'15


4 e 5 de abril no Auditorio de Rianxo
11:00 Curso de zanfona: Tobie Miller


Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque e o Concello
de Rianxo que chega á súa XI edición consolidado como un referente internacional no seu
ámbito.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de
veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado ao
redor do instrumento.

Sesións didácticas nas escolas do concello, divulgación do instrumento, curso para especialistas
de interpretación con Tobie Miller, virtuosa e referente mundial no prolífico repertorio barroco
para zanfona, sesión de baile comisariado por Óscar Fernández e outros zanfonistas galegos e
a presentación da últimas investigacións de Pablo Quintana sobre o pioneiro Amadeo Goyanes,
discípulo de Faustino Santalices, conforman a programación da Zona da Zanfona para este ano
en Rianxo.

Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites
conceptuais deste “sintetizador medieval” a territorios compartidos por estéticas posmodernas
(drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora,
improvisación, performance, o loop,...) que conviven coa música popular e universal, coa música
coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos
días.

Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro
situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para
un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir
dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais,
alumnado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.
Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o
instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol,
Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, Germán Díaz ... ou os luthieres e investigadores
Jaime Rebollo, Xulio Ga Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,...

Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na
programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando
que falar logo de mil anos de Historia.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal