>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O Serán do Sor 2015 (O Barqueiro)

(ultima actualización: 2 / 4 / 15 )





Xoves 2 de abril na Praza do Mesón (arriba no pobo, frente a casa do concello).

Este ano adicamos o Serán do Sor ós bailadores, peza fundamental e básica dos seráns, que son os que poñen o punto de gracia ás pezas e cancións dos músicos; e que ben merecen o seu recoñecemento.

Como xa fai unhas cantas edicións comezamos ó medio día coa sesión vermú, que este ano corre a cargo da Charanga Tradicional da A. C. Son d’aquí (A Coruña) a cal, temos a sorte, de que se estrea no noso serán; e tamén estará neste medio día o grupo Böj (Ferrol).

Pola tarde, ás 5 , teremos unha clase de baile tradicional a cargo do mestre Xabier Espasandín. Así vamos quentando motores para a noite e aprendendo algún que outro punto novo. Todo o mundo pode participar.
E finalmente teremos o serán a partir das 20h.
Este ano todo aquel que así o quiera poder cear na propia carpa, teremos comida variada a bo prezo. E coma sempre teremos bar, que nos axuda a financiar o serán e a non pasar sede.

Este ano partimos con grupos confirmados que xa aparecen no cartel: os nosos veciños de Gamelas e Anduriñas (Espasante), Os Enxebres (Ortigueira), Andarivel (Ladrido), San Xiao do Trebo (Cariño), No Cómbaro (As Pontes); e da parte da Mariña Lucense: Cacharela (Covas) e Medio Quinhón (Burela) e seguirán con nos Son d’aquí ( A Coruña).
E porsuposto O Son do Sor como anfitrións tamén poremos o noso toque musical.

Esta nova peculiaridade de partir con grupos confirmados non resta sitio para todos aqueles que se queiran achegar co seus instrumentos para tocar, xa que rematados os grupos anteriormente citados, comeza a foliada libre para todos aqueles que queiram vir. É mais animamos e convidámosvos a todos a vir!



- Serán do Sor -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal