>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

73 Foliada no Lar (As Pontes)

(ultima actualizaci�n: 20 / 2 / 15 )





Pasado o Entroido, maravillosamente acompañado de esa dieta lixeira do cocido, as orellas e os freixós, voltamos as Foliadas do Lar onde a Música, as voces d@s cantareir@s e os bailes tradicinais se dan cita cada derradeiro venres de mes.

Este mes somos o Grupo No Cómbaro os responsables da 73 Foliada, polo que nos sentimos ben satisfeitos de poder contar para a ocasión coa A. C. Buxainas de Cedeira e coa A. C. A Mámoa de Luou (Teo). Dúas asociacións que están a divulgar e espallar a música e o folclore por todo o país facendo da nosa música e o noso baile un arte ben recoñecido e valorado alí por onde se achegan.

Como estas dúas agrupacións, contan con bailadoras e bailadores, aproveitamos a ocasión para adicarlle esta Foliada a tod@ a xente bailadora da comarca, pois e ben sabido que sin eles as Foliadas non serían o mesmo.


- Foliada no Lar -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal