>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

1 Convívio Música e Danza do Carballiño

(ultima actualización: 20 / 2 / 15 )





Obradoiros, foliada, debate e aloxamento os días 25 e 26 de abril no Carballiño
- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).
- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).
- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).
- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).
- Técnica para a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).
Os obradoiros realizaranse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25; e de 10:00 a 14:00, o domingo 26. Na tarde do domingo, que teremos libre, falaremos sobre ''a música tradicional na provincia de Ourense e a súa evolución'' nunha mesa redonda na que participarán algúns dos nosos mestres e outros expertos. A asistencia á mesa redonda será libre, e por suposto, os asistentes poderán participar no debate se así o desexan.
As persoas que queiran inscribirse nalgún dos obradoiros, deberán descargar o formulario e cubrilo debidamente logo de ler o arquivo adxunto no que aparecen os requisitos pra ser admitidos, os datos do aloxamento, datos dos obradoiros...
+ INFO: conviviomusicaedanza@gmail.com ou mensaxe privada ao facebook ''1 Convívio Música e Danza''.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal