>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O espectáculo Music.gal será un dos pratos fortes do Cultur.gal 08
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 24 / 11 / 08 )





público poderá mercar produtos culturais galegos e asistir a actuacións, obradoiros, presentacións de libros e discos, proxeccións de filmes e curtas, etc.

Ánxela Bugallo presentou onte na Coruña Cultur.gal como a plataforma que lles permita ás empresas da edición, a música, o audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías e os servizos culturais dar a coñecer os seus produtos e servizos aos profesionais e á cidadanía en xeral.


Vender cultura galega en tempos de crise. Ese é o obxectivo da segunda edición da Feira Galega das industrias Culturais, Cultur.gal 08, que do 4 ao 7 de decembro se celebrará na Coruña. O recinto feiral de Palexco acollerá un acontecemento que a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, sinala que servirá como plataforma para potenciar a creación e comercialización de produtos e servizos culturais galegos.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou onte na Coruña o Cultur.gal 08, acompañada do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; a concelleira de Cultura na Coruña, María Xosé Bravo; o director da feira, Nel Vidal; e o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Alfonso García Sanmartín, que interviñeron en nome das once entidades que participan na organización do evento. O obxectivo de Cultur.gal é contribuír a fortalecer o tecido empresarial privado da cultura galega.

Ao longo de catro días desenvolverase un completo programa con presentacións de libros e discos, concertos, actividades para público infantil, xornadas profesionais e a posibilidade de que o público coñeza de primeira man o máis novidoso da creación galega actual. Os que se acheguen á feira terán ademais a oportunidade de adquirir libros, discos e outros produtos culturais con desconto sobre o seu prezo.

Music.gal, un espectáculo multidisciplinar

Para celebrar o maior evento das industrias culturais do país preparouse un espectáculo de produción propia: o Music.gal. Desenvolverase o sábado día 6 a partir das 21:30 horas no Auditorio Gaviota do Palexco. Está centrado na música, pero integra tamén propostas audiovisuais, das artes plásticas, da literatura, do teatro, da danza, da poesía...

O Music.gal constitúe un espectáculo multidisciplinar, que hibrida as propostas creativas máis innovadoras e vangardistas do panorama cultural galego. Deste xeito, dispoñerá sobre o mesmo escenario o hip-hop de Dios ke te Crew, o power-pop de The Homens, o pop electrónico de Projecto Mourente, a fusión, tango e habaneiras de Marful, a cumbia tropical de O Sonoro Maxín, a danza contemporánea do Proxecto Zocas, a poesía posta en escena de Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa, a creación plástica de Pancho Lapeña (Pánchez) e Federico Martínez...

O Music.gal estará presentado por Belén Regueira e conducido por Chévere.

Novidades editoriais e musicais

No Cultur.gal realizarase preto dunha trintena de presentacións editoriais, entre as que figuran os últimos libros de escritores destacados do panorama literario galego: A corpo aberto de Manuel Rivas, O natural é político de Teresa Moure, Construcións de Eduardo Estévez, O globo de Shakespeare de Santiago Jaureguízar, Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva...

Pola súa banda, varios músicos ofrecerán actuacións breves en exclusiva para programadores e xestores técnicos de entidades públicas e privadas, co obxectivo de presentar as súas novas propostas en directo de cara á vindeira tempada de concertos. Serán, entre outros, Marcos Teira, Capitán Furilo, Lizgairo, Bonovo, Telémaco, Vi-Gop Quartet, Aphonnic e Vaamonde, Lamas & Romero.

O público especializado poderá asistir tamén a unha serie de xornadas de posta en contacto e debate, entre as que sobresaen a II Xornadas das industrias musicais de Galiza, a Xornada profesional sobre o libro e a edición e a Xornada vis a vis de novas tecnoloxías.

O Xabarín en vivo para os máis pequenos

O Xabarín Club traerá ao Cultur.gal a preestrea do espectáculo da nova XabaXira que viaxará por todas as cidades e vilas galegas ao longo de 2009. Será o domingo día 7 ás 18:00 h. Os cativos poderán escoller entre máis dunha ducia de actividades que abrangue dende un obradoiro de hip hop con Serxio Regos "García" de Dios ke te Crew, ata as sesións dobraxe e 'stop motion' impartidas polo Clúster Audiovisual Galego, os monicreques de Cachirulo, os espectáculos de Migallas Teatro, Talía Teatro e A Locamotora ou os contos de Mario Tomás.

Ademais, proxectaranse ao redor de 100 títulos das producións audiovisuais galegas dos anos 2007 e 2008, tanto longametraxes coma curtametraxes, de ficción, animación e documental.









NOVAS RELACIONADAS:



Cultur.gal. - Showcases musicais para programadores/as
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=540&comentario=








A Consellaría de Cultura elaborará o primeiro Plan Galego da Industria Musical
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=516&comentario=









http://novas.xunta.es/node/12607


Ánxela Bugallo presenta cultur.gal como a plataforma para potenciar os produtos e servizos das empresas culturais galegas





O Cultur.gal preséntase como o gran mercado da cultura galega en época de crise | culturagalega
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13527








Culturgal convértese no escaparate da cultura galega
http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=5049&corte=2008-11-21&hora=21:14:49&canle=tvg1#


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG






Cultur.gal 08
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=726


Cultur.gal 08, Feira Galega das Industrias Culturais, terá lugar en
Palexco, A Coruña, do xoves 4 ao domingo 7 de decembro. Esta é a
súa segunda edición (o ano pasado celebrouse en Pontevedra) mais
esta é a primeira vez que conta cunha ampla representación dos
sectores produtivos da cultura galega: literatura, audiovisual, artes
escénicas, música e novas tecnoloxías. De entre todos eles, a música
vai ter unha destacada presenza. Non só haberá stands de empresas
musicais, senón que haberá 15 showcases que ofrecerán as últimas
novidades da música galega e un espectáculo musical, o "Music.gal"
que constitúe un dos pratos fortes da Feira, ademais dun CD
promocional da música galega que se distribuirá por todo o país na
campaña de Nadal.

O Cultur.gal acollerá tamén as II Xornadas da Industria Musical
Galega. Unhas xornadas que dan continuidade ás que se celebraran o
ano pasado no Auditorio de Galiza. Daquela o público asistente
ratificara nas enquisas de opinión a necesidade unánime deste tipo de
encontros que lle permitan ao sector manterse ao día ao tempo que
se interrelacionan e debaten. A organización desta segunda edición
correu a cargo das asociacións do sector, AGEM e AGAPHONO e,
ademais de conferencias e mesas redondas, ofrecerán a posibilidade
de participar nun par de "meeting points" para interaccionar
directamente cos conferenciantes das xornadas.

O prazo para a inscrición nas xornadas (de entrada gratuíta mais
previa inscrición) remata o próximo domingo día 30.


Información e inscrición na seguinte ligazón:
http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=10





II Xornadas da industria musical en Galiza
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=594








YouTube - Cultur.gal 08. Feira Galega das Industrias Culturais. Spot promocional
http://es.youtube.com/watch?v=mo8JIGn23To








ume na Palleira dende o Cultur.gal
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=729




sábado 6 de Decembro, o equipo do programa da Radio Galega Lume na Palleira, presentado por Emilio Españadero, desprazarase ata A Coruña. Trátase dunha emisión esecial dende Palexco, onde se celebra durante eses días o Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais.


Entre outros, este Lume na Palleira especial contará coa presenza de Roi Casal, presentando o seu primeiro disco en solitario e tocando en directo; Susana Seivane, para falar do que será o seu próximo disco e tamén actuar en directo; Ruote, presentando o seu novo repertorio nun "Directo Na Palleira", ao longo da segunda hora do programa.


Non vos esquezades que o programa "Lume na Palleira" emítese os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".





A gran cita da industria cultural
http://www.anosaterra.org/nova/a-gran-cita-da-industria-cultural-.html


Logo do éxito da anterior edición, en maio do ano pasado no Pazo de Exposicións de Pontevedra, volve Cultur.Gal, consolidado como o espazo de referencia para as industrias culturais galegas.

Desta volta, será o Pazo de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña o que acolla o maior evento do ano en canto a produción cultural. Nesta segunda edición participan preto dun cento de empresas e entidades profesionais de diversos sectores: a música, as artes escénicas, o mundo editorial, pero tamén as artes plásticas máis innovadoras, a comunicación, as novas tecnoloxías e a dinamización lingüística ou sociocultural. Entre o 4 e o 7 de decembro, tanto profesionais como o público en xeral poden achegarse de balde.

Se na primeira edición, organizada pola Asociación Galega de Editores, Cultur.Gal estivo centrado na industria do libro, desta volta, organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa colaboración da AGE, acada maior diversificación, e consolídase como unha plataforma de encontro entre o público e a oferta cultural producida en Galiza, en todas as súas facetas. Ten como obxectivos darlle visibilidade ás diversas propostas das diferentes disciplinas artísticas, e afianzar un espazo de referencia e de encontro que sirva para tecer pontes e pór en contacto o público coa oferta, e os diferentes sectores entre si. Co fin de fomentar a interrelación e a cooperación, terán lugar diferentes xornadas e actividades profesionais.

Un dos eventos editoriais do ano

A literatura galega aproveita este acontecemento para pór nos expositores algunhas das novidades máis salientábeis: premios literarios, como o Narrativas Quentes (Os milagres de Cristamar, de Chelo Suárez), o Blanco Amor (Memoria das cidades sen luz será presentado pola súa autora, Inma López Silva), o Terra de Melide (O globo de Shakespeare, de Jaureguízar), os premios Xerais (Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra asinarán exemplares das súas obras), amais de poesía (Construcións, de Eduardo Estévez), ensaio (O natural é político, de Teresa Moure), banda deseñada (Gallaecia, de Urco editora) ou o último de Manuel Rivas, o libro de artigos A corpo aberto. Amais, asinarán libros Xesús Constenla, Xabier Docampo e Xosé Cobas, e Chano Eiroa, a súa Guía dos camiños do Eume.

Por outra banda, o foro Letras Vivas, encamiñado ao fomento da lectura, afondará, ao longo do sábado, en varias propostas de animación, dende a dinamización lingüística (Reverso), os contacontos (María Inés Cuadrado, Bugalú), o teatro e os monicreques (Duende Sico, A Locamotora, Seisdedos e Viravolta, Migallas) ou a educación non formal e o tempo libre (Argallando). O mesmo sábado terá lugar unha xornada profesional sobre o libro e a edición, en que se presentará a nova web da Asociación Galega de Editores. Tamén a Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística organiza unha xornada para pór en contacto as empresas e entidades que xeran este tipo de servizos e produtos.

A música, un sector en alza

Cultur.Gal achegará unha boa mostra do vizoso tecido musical galego: dende a tradición até o hip hop, pasando polo rock ou o power pop. Amais da presenza regular de empresas e colectivos musicais ao longo da feira, preséntase, con ocasión deste evento, o disco de recompilación A música que facemos, con 16 temas de Ecléctica Ensemble, Bonovo, Roi Casal, Pai da Cana, Vaamonde, Lamas & Romero, Lizgairo, Mutenrohi, Galegoz, Ataque Escampe, Carmen Rey, Marcos Teira, Projecto Mourente, Som do Galpom,, Maryland, Sínefres e Chokoteu. Amais, nos dous primeiros días (xoves 4 e venres 5) desenvolveranse as II Xornadas da Industria Musical en Galiza, organizadas polas asociacións profesionais AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Non han faltar presentacións de novidades discográficas como Vellas Artes, de Vaamonde, Lamas & Romero, o CD homenaxe a Ricardo Portela (Foliada nas Rías Baixas), ou de proxectos como a Escola Sinsal.

Tamén terán lugar varios showcases, ou pequenos concertos para programadores musicais, todas as tardes da feira, agás a do domingo, a partir das 16.00. Participan unha vintena de grupos e artistas, varios deles participantes na iniciativa Nsaio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. A maior explosión musical chega na noite do sábado 6, a partir das 21.30, conducida por Belén Regueira e os gags de Chévere: soarán The Homens, Dios ke te Crew, Projecto Mourente, Marful, e O Sonoro Maxín, pero tamén intervirán dúas poetas ben coñecidas polo emprego de diversos soportes e linguaxes: Estíbaliz Espinosa e Yolanda Castaño. E para estimular tamén o sentido da vista (e mais o do humor), a creación plástica de Pancho Lapeña (Panchez) e Federico Martínez complementa este espectáculo, nomeado Music.Gal.

A produción audiovisual recente

Nada menos que un cento de producións cinematográficas galegas serán exhibidas dentro do programa Panorama Galiza. A proposta, elaborada pola Axencia Audiovisual Galega, abrangue longametraxes e curtametraxes de ficción, animación e documentais dos anos 2007 e 2008, na súa maioría de produción independente.

Por primeira vez o audiovisual galego superou a cifra de 100 curtametraxes realizadas nun ano, a maioría delas feitas á marxe da industria convencional. Tamén é de salientar o pulo do documental, e o incremento da produción directa en lingua galega. Panorama Galiza, do que xa puidemos coñecer un bocado no festival Cineuropa, ofrece unha ollada completa á creación audiovisual galega dos dous últimos anos. Entre as longas, poderemos ver os telefilmes O tesouro, de Manuel Martín Cuenca, O espello, de Alex Sampayo, Manciña morta, ábreme esta porta, de Ramón Costafreda, e A mariñeira, de Antón Dobao, e mais o filme dixital Maldito bastardo, de Javi Camino, realizado á marxe do cinema industrial convencional. Os documentais agrúpanse nos ciclos Etnovisións, Fábulas do real, Olladas de realidade, e Memoria histórica.

E no apartado de curtametraxes, "Alén da realidade", recolle creacións de xénero fantástico que exploran outros mundos. "Variacións ficcionais" ofrece narracións diversas, e "Galicia animada 2007", unha escolma das curtametraxes de animación producidas en Galiza. Tamén haberá ciclos temáticos de curtas, como "Do amor e outras soidades" ou "Cinema non reconciliado". E poderemos ver "Ópticas cruzadas", tres filmes realizados a catro mans entre cineastas de Cuba e Galiza.
E para os máis pequechos... Volve o porco bravob
O Cultur.Gal está aberto a todos os públicos, e este ano presenta unha programación especialmente coidada para os cativos. Conta cun convidado de honra: o mítico Xabarín da Televisión de Galicia fará a preestrea do espectáculo que ten preparado para a XabaXira 2009, o domingo ás 18.00.
Música, teatro e circo dan a man co título "Xeración Xabarín. A conxura do polbo sideral". Xunto a coñecido porco bravo estarán no escenario Josito Porto, Manolo Romón e Ángeles Lago, Pista Catro, Chévere, Pablo Trasno e Fredi.

Pero os pícaros tamén poderán experimentar coa animación en stop motion, con plastilina; coa maquillaxe; coa dobraxe de cinema; ou, os máis grandiños, co hip hop, da man de Serxio Regos, "García", un dos MC's máis destacados do hip hop galego. Non han faltar espectáculos pensados para eles, como os de Talía, Títeres Cachirulo, Os Quinquilláns, Matapiollos ou Migallas Teatro.





A cultura saca peito
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13610








Culturgal desprega en 170 horas de programación as novas propostas das empresas culturais galeg
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=857&lg=gal








El futuro de las discográficas está en internet
http://www.galiciae.com/nova/21487.html








Abre as portas Cultur.gal 08, “a maior concentración de enerxía de Galiza”
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=11971








O espectáculo “Music.gal” amosará mañá sábado o máis innovador da cultura galega
http://www.xornal.com/article.php?sid=20081205182626













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal