
Volta o Baile Assalto da Escola Livre da MPG! Na 2ª sexta feira de mes (13 de fevereiro), ás 21.30 h especial danças da Gascunha, ademais dos bailes máis populares do momento: mazurka, bourrée, schottish, rumba, pasodoble, moinheira, jota, circle, etc...
Volta o Grande Baile Assalto da ELMPG para a tempada de inverno do 2015. Desta volta cun baile especial adicado á Gasconia, o territorio máis occidental da Occitania, esa cultura do sur do país franco, berzo dunha música moi interesante e uns bailes colectivos divertidos e sinxelos de aprender. Para amenizar o baile contaremos coa música ao vivo dun dúo de burdeos, La Forcelle, que acaban de publicar o seu segundo CD, Lestrille depois de máis de un lustro tocando nas “bals trad” de Francia. Para completar a noite, Bitoque, un dúo para o baile, zanfona+percusión cos ritmos máis populares do Baile Assalto: mazurka, circle, bourrée, schottish, xota, muiñeira, valse e pasodoble…
|