
Como colofón á semana de exposicións e actividades na Biblioteca Central de Cambre, o sábado 22 de novembro ás 12:00 horas celebrarase o CONCERTO CONTOS EN CANTOS, no Centro Sociocultural A Barcala, ao que están convidados nen@s, pais e docentes, para disfrutar en directo da actuación da autora e intérprete Almudena Janeiro, acompañada por músicos profesionais, os que enfiaremos contos e cantos, nun repertorio variado que anima ao uso da lingua galega, dun xeito natural e divertido.
|