>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

2ª conversa aberta na EAEM, o 22 de Novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 11 / 08 )





aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a
denominación “conversas abertas” na que varios ponentes
relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos
da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e
comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de
profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,…
participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé
educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.

Para esta 2ª conversa aberta o tema escollido é “Camiños musicais
por transitar”


Ugia Pedreira
Pablo Sax
Xacobe Martínez Antelo
Noel Feáns

Será este sábado 22 de novembro ás 19.30 h no Auditorio Escola Altos
Estudos Musicais
de Santiago de Compostela.



Esta será unha conversa distendida na que se pretende debater sobre
tendencias contemporáneas da música na actualidade. Ponentes de
diferentes eidos musicais conversarán desde o seu punto de vista
sobre novos roteiros, estilos, filosofías…a explorar na linguaxe
musical.

Esta conversa pretende reunir na mesma mesa catro puntos de vista
complementarios desde prácticas profesionais distintas. Ugia Pedreira
coma cantora da nova corrente da música popular urbana e directora
de aCentral Folque; Xacobe Martínez coma un novo valor consolidado
do jazz galego; Pablo Sax, un veterano músico que leva explorado
unha morea de estilos desde o blues até a improvisación libre; Noel
Feáns coma un novo creador e produtor musical do pop e a electrónica
en Galiza.

Está orientado a calquera persoa interesada nas novas correntes
musicais e filosóficas que agroman e no futuro da linguaxe musical
coma expresión artística individual e colectiva.

Biografías dos ponentes -

Noel Feáns -

Noel Feáns é un compostelán moi activo, músico desde moi novo e un
dos pioneiros da música electrónica en Galiza e en galego coma o
combo de finais dos 90 Fusquenlha. Actualmente é a metade do
proxecto musical Fanny+Alexander, un dos mellores representantes
do novo pop galego; responsábel do netlabel A Regueifa, unha
plataforma sen ánimo de lucro para a difusión libre de creacións
artísticas. Tamén é o coordinador da revista on-line de música galega
Sono-Tone, referencia

Xacobe Martínez Antelo -

Xacobe Martínez é músico e compositor e un dos grandes intérpretes
do contrabaixo en Galiza. Unha referencia no jazz que se fai no país
en bandas tan carismáticas coma Sumrrá, Marcelino Galán Quartet,
FAT, Imaxina Jazz Orquestra S.O.S. Trio ou membro de proxectos
coma Marful, Ú-lo Trio, Clan Moriarti ou Victor Aneiros Blues Band.
Ademais de facer música para teatro e dar aulas na escola Estudio.


Pablo Sax -

Pablo Sax, cidadán do mundo e pacifista, músico polifacético,
inconformista, autodidacta e autocrítico cunha longa experiencia de
máis de vinte anos tocando o saxofón. Comeza no 1986 a súa
andaina, toca nas rúas de Compostela durante 6 anos e forma parte
de bandas coma Morgana (jazz rock), Paranojazz e proxectos
colectivos de blues. Actualmente mergullado na linguaxe da
improvisación libre no dúo 2M8 co baterista LAR Legido e na Orquestra
de Música Espontánea de Galicia OMEGa.

Ugia Pedreira -

Ugia Pedreira é directora de aCentral Folque e colaboradora da Radio
Galega no programa “Tres peixes voando”. Ela é unha das voces mais
transgresoras e eclécticas do panorama musical galego cunha andaina
de varios anos e tres discos editados con Chouteira e actualmente con
Nordestin@s e Marful co revival da música popular de autor.


- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal