>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Semana Bravú en A Coruña

(ultima actualización: 13 / 11 / 14 )





Do 17 ao 22 de novembro

Celebración na Coruña dos 20 anos do “Bravú”, cos amigos e para a xente toda. Con humildad máis con vehemencia.
O BRAVÚ partíu da música para conectar a diferentes artistas do país que compartían as mesmas referencias artísticas e intelectuais. 20 anos despóis, compre mirar ao pasado para afrontar o futuro con forza e ilusión. Concentrar e conectar referentes da nosa cultura cos novos valores para difundir e compartir a nosa creatividade e o noso talento.

Luns 17/11. VIDEO BRAVÚ
Lugar: NORMAL Hora: 20,00h
Proxección dunha selección de documentais sobre o movemento bravú:
“Noroeste, a viaxe bravú”, de Sonia Barros e Marta Piñeiro
“Galiza Bravú”, de Xaime Miranda, Elena Albán Lombao, Sabela Sampedro
“Kompostela”, Capital Bravú”, de Basilio Martín Patino
Coloquio: Alfonso Pato e María Yáñez
_______________

Martes 18/11. VERBO BRAVÚ
Lugar: Museo de Belas Artes Hora: 20,00h
Sesión ao redor do poder da palabra, con
Manuel Rivas
Fran Alonso
Mercedes Peón
Carlos Blanco
Presenta: Sofía Tarela
________________

Mércores 19/11. NO CULTURE NO FUTURE
Lugar: Casa Museo Casares Quiroga Hora: 20,00h
Charla ao redor do presente e futuro da nosa cultura e da industria cultural, con
Uxía
Vitor Belho (Womex 14)
Xosé Paulo Rodríguez (Red Española de Teatros)
Xosé Aldea (Culturgal)
Presenta: Iago Martínez
________________

Xoves 20/11. HISTORIA DO ROCK BRAVÚ
Lugar: Casa Museo Casares Quiroga Hora: 20,00h
HISTORIA RESUMIDA DO ROCK BRAVÚ, por Xurxo Souto.
XX ANOS DE ROCK CORUÑENTO (DOS PAPAQUEIXOS A ULTRAQÄNS), Antóm Díaz + Xan Xove
DISCO-FÓRUM BRAVÚ. Rodri Suárez e Lydia Botana, farán unha escoita comentada dalgunhas das cancións más representativas do rock galego.
________________

Venres 21/11. TOD@S SOMOS CABANAS
Lugar: Museo de Belas Artes Hora: 20,00h
Homenaxe ao pintor do bravú Xaime Cabanas. Charla e proxección sobre a figura do pintor Xaime Cabanas, coa participación de
Alex Cabanas
Xoán Piñón
Vari Caramés
Antón Patiño
Xavier Correa Corredoira.
Presenta: Xosé Manuel Pereiro
___________________
Sábado 22/11. SESIÓN BRAVÚ
Lugar: Garufa Club Hora: 22,00h Entrada: 10€
OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO acompañados d@s amig@s Marisol Manfurada, Garotas da Ribeira, Pinto D´Herbón e algúns compañeiros dos Papaqueixos.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal