>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Novembro na Casa das Crechas (Compostela)

(ultima actualización: 31 / 10 / 14 )





Todos os domingos de novembro, concerto de Sumrrá nas Crechas

Sumrrá (jazz) - Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

Ademais, haberá destacados concertos, como o de Caxade, Aldao/Lado, Talabarte e Claudio H.

Haberá tamén unha Foliada coa Banda das Crechas, Cata de Libros e Viños Galegos e celebraremos o Magosto


Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00
DOMINGOS CON SUMRRÁ EN CONCERTO

Sumrrá é un trío galego formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez e o batería Luis Alberto Rodríguez. É o grupo máis internacional e lonxevo do jazz galego, que estará todos os domingos de novembro ás 21 horas na Casa das Crechas.
http://www.xacobemartinezantelo.com/xma/Sumrra.html


Mércores 5 23:00h 1€
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS


Xoves 6 21:30h
Cata de Libros e Viños Galegos

Presentación do libro “El hombre que tú necesitas”, de Jesús Barrio Caamaño.
Entrada libre até completar aforo.

Xoves 6 22:30h 5€
CAXADE

Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa.
Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).
http://caxade.bandcamp.com/
http://caxade.wordpress.com/


Martes 18 22:30h 5€
ALDAO/LADO

‘Con dez poemas por barba’ é un cabaret lírico cheo de poesía, historias e cancións pensado para emocionar a aqueles que odian a poesía.
‘Con dez poemas por barba’ pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Porque para Lucía Aldao e María Lado a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza o espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión... pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

Mércores 19 22:00h
MAGOSTO EN CRECHAS

Viños, castañas, música...

Xoves 20 22:30h 5€
TALABARTE

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional. Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da esceNa musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

Xoves 20 22:30h 5€
CLAUDIO H.

Canción mestiza para recibir con todos os sentidos.
Arriscada, divertida, cercana, bailonga e ecléctica fusión de estilos; ritmos afro-latinos, brasileiros, reggae, funk, swing… e sempre o jazz no fondo. Letras feitas desde a poesía do cotiá; alegres pero pensando, bailando pero calando fondo.
Un colorido universo onde todo pode pasar e nada pasa desapercibido.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal