>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Samaín na praza de San Cosme (Ourense)

(ultima actualización: 31 / 10 / 14 )





30 de Outubro no Local da Asociación Cultural A Galleira (Praza de San Cosme) - Ourense

Un ano máis achégase o Samaín e dende A Galleira queremos colaborar na súa difusión como celebración ligada ás nosas orixes históricas e etnográficas.

Por iso, o vindeiro xoves 30 de outubro ás 19:00 horas contaremos coa presenza de Miguel Losada, membro da Sociedade Antropolóxica Galega , que nos explicará polo miúdo cales son as orixes do Samaín e o seu vencello coa nosa historia e tradición.

A seguir, o venres 31 de outubro por volta das 19:30 horas (cando remate o obradoiro e desfile de cabazas organizado polo Concello) teremos animación teatral, musical e xogos para as crianzas.
Posteriormente, por volta das 21:00 horas, Roberto Sobrado e Rafa Campoy darán un concerto para amenizar a noite.




- Roberto Sobrado- Samaín -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal