>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Especial WOMEX nas Crechas: La Musgaña, Pierre Aderne, Eliseo Parra, Oreka TX, DJ Floro, Dj LordSassafras...

(ultima actualización: 22 / 10 / 14 )





PROGRAMACIÓN DA SEMANA WOMEX NAS CRECHAS

Mércores 22 23:00h
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Mércores 22 1:00h
Dj Chiri (Galiza)


Xoves 23 20:00h 6€
LA MUSGAÑA
La Musgaña leva máis de 25 anos reinterpretando a música tradicional da meseta, nove discos no seu haber e xiras por EEUU, Canadá, Europa e Marrocos. Os membros fundadores -Carlos Beceiro e Jaime Muñoz- presentan en Santiago o seu novo CD ‘Entre Dos’. Momentos intensos de baile con persoais versións de polcas, mazurcas, marchas, entradillas, jotas e pasodobles, conviven neste disco con outros máis recollidos protagonizados por sons verdadeiramente evocadores. Muñoz é un mestre entre os flautistas de folc españois que posúe multitude de rexistros e matices e unha exquisita sensibilidade. Pola súa banda, Beceiro é un mestre coas cordas, tanto coa mandola como coas guitarras que inundan de harmonías e ritmos as interpretacións do dúo.
Concerto Artistas en Ruta – AIE

Xoves 23 00:00h
DJ Lord Sassafras (Zaragoza)
Outra das referencias da world music española.

Venres 24 20:00h 6€
PIERRE ADERNE (Brasil)
Pierre Aderne naceu en Francia pero desenvolveu a maior parte da súa vida (tamén musical) no Brasil. É un dos novos valores da bossa nova e coa súa voz aveludada ten conquistado o público brasileiro coas súas cancións delicadas. O seu último álbum titúlase ‘Caboclo’. Ten cantado con Tito Paris e outros moitos músicos de todo o mundo.
http://pierreaderne.wordpress.com/

Venres 24 20:00h
DJ Floro (Madrid)
DJ Floro é un dos picadiscos máis reputados da world music. Ten pinchado en salas de todo o mundo e presenta o programa Sonideros de Radio 3.
http://djfloro.net/


Sábado 25 19:30h
ELISEO PARRA
O músico vallisoletano Eliseo Parra presenta o seu próximo traballo, ‘El Man Sur’, cuxo proxecto está a financiar a través de crowdfunding. Parra mantén desde sempre unha fructífera relación con Galiza. Foi produtor do disco de Chouteira ‘Folla de Lata’ e tamén de ‘Árnica Pura’, do artista Davide Salgado. Ademais de colaborar con varios músicos galegos, impartiu ‘master classes’ no Conservatorio Folque de Lalín.
https://eliseoparra.org/

SÁBADO 25 20.30H
OREKA TX
Sábado 25 20:30h
OREKA TX
Oreka TX é un dos mellores grupos de txalaparta, o instrumento tradicional vasco construído a base de placas de madeira. Harkaitz Martinez e Mikel Ugarte teñen tocado con Kepa Junkera Pat Metheny, Alasdair Fraser, Hendingarna, Dulce Pontes... Gravaron tres discos, ‘Silex’ o último, no que se centran na pedra como material para tocar música.
http://txalapart.com/oreka-tx-2/

Sábado 25 00:00h
DJ Click (Francia)
DJ Click é un coñecido DJ que pincha gipsy, novo flamenco, balkan, música brasileira, worldtrónica... Ten a súa propia discográfica, No Fridge.

http://www.nofridge.com/















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal