>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Focus Galicia (Festival previo ao Womex 2014)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 20 / 10 / 14 )





Focus Galicia arrancará o domingo día 19 en Compostela coa recepción á delegación por parte das autoridades e o primeiro dos concertos do programa, que terá lugar ás 21.00 horas na Sala Capitol da man de Radio Cos, Banda Crebisnky e Som do Galpom.

O luns día 20 a delegación porá rumbo cara á Coruña, cunha primeira parada no Obradoiro de Gaitas Seivane, en Cambre. Xa pola tarde e tras unha visita guiada pola cidade herculina, os participantes gozarán das actuacións de Najla Shami e Luar na Lubre ás 19.00 horas no Teatro Rosalía Castro. Esta segunda xornada finalizará de volta en Santiago cos ‘showcases’ de Sumrrá e Rosá Cedrón na Casa das Crechas a partir das 22.00 horas.

No terceiro día de actividade, o martes 21, os programadores viaxarán á terra do Ribeiro para coñecer os vínculos entre o patrimonio cultural de Galicia, a práctica ancestral do cultivo da vide e a inserción do sector vitivinícola no tecido industrial. No seu percorrido, achegaranse ás Adegas Viña Mein e Ramón do Casar, onde actuarán Abe Rábade e Daniel Minimalia. Pola tarde, terá lugar unha visita guiada á cidade de Ourense, así como as actuacións de Caxade e Cuarteto Caramuxo no Teatro Principal (19.00 horas). De novo, a xornada rematará na Casa das Crechas, neste caso cun ‘showcase’ de Sés ás 22.00 horas.

Focus Galicia abrirase tamén ao público non profesional a través dos tres concertos que terán lugar na Sala Capitol de Santiago, o Teatro Rosalía da Coruña e o Teatro Principal de Ourense, que serán de entrada gratuíta previa retirada dos convites nas billeteiras dos espazos.

O programa rematará o mércores 22, coincidindo co inicio de Womex, cun encontro profesional entre os programadores convidados e os representantes de diferentes empresas musicais que terá lugar ás 11.00 horas na Cidade da Cultura de Galicia.

Durante esta última acción, deseñada a modo de ‘speed meeting’, terase unha nova oportunidade de incidir nas prioridades desta iniciativa a través da que, como sinalou Vázquez Abad, se busca “mellorar o coñecemento da música de Galicia a nivel internacional, facilitar a contratación de artistas atraendo a demanda internacional, contribuír a fidelizar relacións e contactos profesionais, así como deseñar e desenvolver programas e accións conxuntas para o futuro inmediato”

.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal