>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Grelo Folc 2014 en Monfero - A Coruña

(ultima actualización: 15 / 10 / 14 )





Sábado 18 de outubro no mosteiro de Monfero

Un ano máis e como non podía ser doutro xeito a Asociación Cultural O ABORDELO organiza unha nova edición do festival GRELO FOLC en MONFERO.
Trala ansia de abordelar pola vida, pola festa e polo xenio da aldea, cos contos... xa van alá doce festivais no noso concello, con paróns no tempo mais sen parada no espazo..

E isto todo se ofrece o 18 de outubro no Mosteiro de Monfero:

Xantar Popular
A partir das 14:00h servirase o xantar no campo da festa amenizando a sobremesa con música e cántigas. Anótense!!: oabordelo@gmail.com

A Nabiciña
O festival infantil comezará ás 18:00h cun obradoiro de Xogos musicais que leva por nome: “Troupelear: un pouco bailar, un pouco cantar, un pouco tocar" con Pablo Pintor e Branca Villares.
Ao longo da tarde tamén haberá xogos tradicionais para xente grande e xente miúda

Concertos
A partir das 22:00h.
• Eudemónicas: repertorio tradicional con letras de agora.
• Ataque Escampe: cancións con salsa agridoce. Veñan bailar a súa música sen complexos!
• A requinta da Laxeira: vai de baranda, chunda, chunda, … sempre con brincos, voltas e aleghría!
• Trapallada: fin de festa ska punk e o que se tercie



- Grelo Folc- Ataque Escampe- Trapallada- A Requinta da Laxeira- Eudemónicas -


NOVAS RELACIONADAS:



O Grelo Folc achega a Monfero a vangarda da música de raíz - Ferrol - Diario de Ferrol
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/grelo-folc-achega-monfero-vangarda-da-musica-raiz/20141003001831102586.html


A asociación O Abordelo volve convocar á festa no mosteiro de Monfero. Alí celebrarase, o sábado 18 de outubro, unha nova edición do Grelo Folc, unha proposta que se recuperou hai uns anos con boa estrela e que abrangue todo tipo de estilos musicais. No festival deste ano conviven os sons máis pegados ó tradicional de Eudemónicas ou A requinta da Laxeira co persoal pop-rock de Ataque Escampe ou as influencias ska e punk de Trapallada. Todo iso a partir das dez da noite e con entrada libre.
O Grelo Folc, porén, ten actividades desde o mediodía, cun xantar popular no que primará o churrasco. Custa doce euros por persoa e hai que inscribirse nos números 679 251 163 ou 698 166 277. Tamén se pode facer a través do correo oabordelo@gmail.com.
A Nabiciña, para os nenos, está prevista a partir das seis da tarde. Haberá bailes, cantos e xogos musicais que contarán coa participación de Branca Villares (de Eudemónicas) e de Pablo Pintor e nos que os rapaces tamén poderán tocar. Ademais, antes de que chegue a hora dos concertos, organizaranse xogos populares para tódalas idades.

os grupos
Baixo a carpa instalada no exterior do mosteiro de Monfero soará pola noite a percusión e as voces de Eudemónicas. Ataque Escampe chegan presentando o seu traballo máis recente, “O disco vermello”, editado este mesmo ano. A multitudinaria festa que propón A requinta da Laxeira chegará a continuación, recuperando na súa proposta folk a requinta da zona do Ulla como instrumento. Traen con eles o seu disco “Maise”. E Trapallada chegan desde Monte Alto asumindo herdanzas de bandas como Diplomáticos, Xenreira ou Skarnio. Propoñen unha mistura de música ska, punk e de raíz que recollen en traballos como “Pedras no camiño”.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal