>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Marful despídese dos escenarios
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 10 / 10 / 14 )







Despois de catorce anos de camiños, nos que puxeron en valor o patrimonio musical urbano da Galiza,


De catorce anos de viaxes, nos que restauraron para un novo público os innumerables salóns de baile espallados polo país,


De catorce anos de descubrimentos, nos que levaron a súa música a centos de lugares silenciados polo tempo e pola historia,


De catorce anos de expedicións, nos que trouxeron a emoción e a intensidade das músicas de ultramar aos palcos galegos,


De catorce anos de ser auténticos pioneiros no achegamento da cultura galega a verdadeiros templos da música, coma a Casa da Música do Porto.


Marful despídese con dúas citas que prometen inesquecíbeis:


O vindeiro mércores 8 de Outubro, as 20:00h na Praza de Santa María de Lugo, no marco das festas do San Froilán, concerto co Sexteto, xunto a José Manuel Díaz, ao contrabaixo e Leandro Deltell, á batería.


E o venres 10 de Outubro, nunha cita máis íntima, as 21:00h, concerto no Hotel NH Collection de Compostela, na Avenida do Burgo das Nacións. As entradas para esta cita estarán á venda no propio Hotel e no restaurante O 16, na rúa San Pedro de Compostela.




- Marful -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal