>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



Treixadura celebra os seus 25 anos coa gravación dun disco ao vivo
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 3 / 10 / 14 )



Fonte: Sermos Galiza

O novo traballo sairá dos 2 concertos que o grupo vai dar no García Barbón de Vigo o 3 e 4 de outubro. As entradas terán o prezo simbólico de 1 euro (destinado a un fin social).

Treixadura é moito máis que os cinco discos gravados e os centos de concertos dados ao longo dos seus case 25 anos de historia. Este grupo de música tradicional hai tempo que deu o salto que convertíu as súas composicións en parte xa do acervo popular, esas que se cantan e tocan pensando que existen desde sempre, que non son duns compositores en particular senón que son ‘populares’. Un status que non moitos consiguen.



Treixadura celebra o seu 25 aniversario cun novo disco gravado ao vivo e que resume a súa extensa carreira e achegará tamén algunhas novidades. A gravación deste traballo terá lugar no transcurso de dous concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebrarán no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro.

O acceso a estes concertos realizarase a través da billeteira Servinova e terá o prezo simbólico de 1 euro (máis gastos do servizo) que será destinado integramente ao Comedor social De Cangas.

Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, "co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto".



- Treixadura -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal