>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



Polafía en Friol, 22 de Novembro
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 19 / 11 / 08 )



MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA

Sábado, 22 de novembro de 2008, ás 6 da tarde. Entrada libre

Coa intervención do músico ANTÓN CASTRO, Álvaro do Sixto,
“O novo Laxe” e de VECIÑAS e VECIÑOS do concello de Friol.

Colaboran :
Asociación de Mulleres Rurais "Fonte da Xonza"
Asociación Cultural "Cova da Serpe"
Rede Museística da Deputación de Lugo.

Divulgador:
Antonio Reigosa

Recitador:
Isidro Novo

Organiza.
AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina:
Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación de Lugo.
_____________________

POLAFÍA
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua
Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral,
Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e
institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de
carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como
obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento
o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía
quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e
acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns,
seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao
desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova
proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas
tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo
e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de
internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste
patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador
ou especialista que introducirá e comentará as principais características
das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía
anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará
romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo,
o elemento humano transcendental e imprescindible no
desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres,
narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de
cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos
protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da
web da AELG. As polafías terán unha duración aproximada de arredor
de 90 minutos.

____________________

PRÓXIMAS POLAFÍAS
-Sábado, 6 de decembro, ás 6 da tarde, en Riotorto (Lugo).




NOVAS RELACIONADAS:



Polafía en Vilamartín de Valdeorrras
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=522&comentario=








O Museo Etnográfico de San Paio de Narla en Friol vivirá unha polafía
http://elprogreso.galiciae.com/nova/20796.html


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal