>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cantigas e Agarimos (Compostela) abre o prazo de matrícula na súa escola
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 9 / 14 )





A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o vindeiro luns día 15 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2014-2015.
 O período de inscripcións prolongarase ata o día 26 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de piano, requinta, clarinete, acordeón, solfexo e guitarra dirixidas a todas as idades. Este curso abriranse aulas de materias novas: canto, zanfona, acordeón e violín. Os/as máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como presolfexo, música e movemento e iniciación á música e baile tradicional.

Toda a información sobre horarios, grupos, profesores e contidos pode consultarse na web www.cantigaseagarimos.es (sección ESCOLA-MATRÍCULA), nos teléfonos 618 518 524 / 981 939 084, ou no local da Agrupación, situado no antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño, 21 en Santiago de Compostela, de luns a venres en horario de 19 a 21 h


- Cantigas e Agarimos -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal