>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Comenza o curso 2014-2015 na Asociación Cultural Os Castros (concello de Ames)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 9 / 14 )





(información remitida polo concello de Ames)

As clases do obradoiro de baile e música tradicional impártense nos locais sociais de Bugallido, Biduído e Trasmonte, así como na Casa da Cultura de Bertamiráns. Deste xeito, os sábados no centro social de Bugallido ofrécense clases de baile, gaita, punteiro, pandeireta e percusión. Ademais, en Bugallido tamén se imparten clases de gaita, pandeireta e percusión os xoves.

Por outra parte, os domingos impártense clases de punteiro, gaita, pandeireta e percusión no centro sociocultural de Trasmonte. Os luns, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ofrécense clases de gaita, punteiro, pandeireta e percusión, e os venres, no centro sociocultural de Biduído, impártense clases de pandeireta, percusión, gaita e punteiro. Estas clases comezarán a principios do mes de outubro.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal