>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

O italiano Carlo Rizzo participa no Encontro de Pandeireta Internacional
Fonte / M�is informaci�n



A terceira edición do Encontro de Pandeireta que se celebrará mañá, domingo, faise internacional coa presenza, por primeira vez, dun instrumentista estranxeiro. Trátase do italiano Carlo Rizzo que, en palabras dunha das organizadoras deste encontro, Pilar Araújo, do Conservatorio de Folque de Lalín, intervén en concertos por todo o mundo tanto como solista como acompañando a distintos grupos. Agora mesmo ven de Brasil. O músico veneciano traballou todas as posibilidades sonoras da pandeireta, creando unha nova variedade, a politímbrica.

A outra artista invitada é a música galega Fransy González, de Bergantiños, fundadora e directora do grupo de pandereteiras Xiradela. O seu virtuosismo levouna a realizar concertos en solitario con actuacións en diversos festivais de Francia. Ademais, colaborou en discos e actuacións de artistas como Carlos Núñez e Dulce Pontes.

Este encontro, que foi presentado onte pola concelleira de Cultura, María Xesús López Escudeiro, xunto coa mencionada Pilar Araújo e Davide Salvado, que actuará no serán urbano ademais das pandereteiras de Toutón e das da Hermida, entre outras, levarase a cabo durante todo o día no antigo conservatorio de música, pola mañá, e no Teatro Principal, pola tarde, con entrada libre.

Desde as 10 horas haberá cursos de pandeireta italiana e galega a cargo dos dous artistas invitados, que á tarde ofrecerán senllos concertos didácticos. Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 986???896???528. A matrícula costa 50 euros.

E pola tarde, ás 16.30 horas pasarase a película Lomax. The Songhunter, de Rogier Kappers, baseada no traballo de recollida de pezas de folk realizado polo estadounidense Alan Lomax por todo o mundo. ?


- Xiradela -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal