>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 29 / 8 / 14 )





O CCP Xaquín Lorenzo e a Faculdade de CC da Educación do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, xunto coa Asociación Ben-Cho-Shey, Nova Escola Galega e a Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social organizan o V Congreso de Patrimonio Etnográfico (II internacional) que nesta edición, baixo o título O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais, pretende achegarse e dar a coñecer o oficio do afiador, sen dúbida, o máis coñecido da provincia de Ourense. Durante catro días (9, 10, 11 e 13 de Outubro) estudosos do tema chegados de diferentes campos profesionais e de moi distinta procedencia, ofrecerán diversas visións sobre o aspecto profesional, antropolóxico e social do naceiro (afiador en barallete). Conferencias, mesas redondas, comunicacións, e saídas de campo percorrendo a xeografía ourensá, permitirán aos participantes obter unha ampla visión sobre o afiador e o seu mundo.

No congreso, que conta co recoñecemento de 30hrs./1Crédito ECTS, participarán profesores da Universidade como por exemplo Fátima Braña, González Reboredo, Álvaro Campelo ou Santiago Veloso,  directores de museos etnográficos de Ourense como X. C. Sierra e do Museo da Cuchillería de Albacete, e outros moitos especialistas no tema. Dende Francia virá Bernard Bertrand, estudoso do oficio no país galo, e dende Italia teremos unha representación dos arrotinos do Val de Resia. No programa do Congreso proxectarase o documental A última viaxe do afiador, coa participación do seu director no posterior debate. Así mesmo, está prevista a asistencia e participación nas mesas redondas de distintos profesionais que aportarán as súas experiencias.

Entre as saídas de campo cabe destacar a visita progamada á Casa das rodas, a casa-museo que Florencio de Arborio deseñou na aldea de Arboiro, S. Xoan de Río, para expoñer a súa colección de máis de 200 rodas de afiar de todos os tipos.

Todos os interesados poderán coñecer a programación completa do congreso, horarios, lugares de celebración así como descargar a ficha de inscrición pinchando neste enlace: Programa V Congreso Patrimonio Etnográfico. O prazo de inscrición remata o 30 de Setembro e a organización recibirá comunicacións até o 15 de Setembro.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal