>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

DeRaíz en Redondela (I Mostra de Música e Baile Tradicional)

(ultima actualización: 28 / 8 / 14 )





O día 29 de agosto, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, representará a súa I Mostra de folclore na Praza da Casa da Torre (Redondela), ás 22 h.

"deRaíz” , I Mostra de Música e Baile tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica. Ano tras ano, achegamos este duro pero gratificante traballo, no que cada un de nós deixa un trociño de alma, agardando que todos os aspectos que conforman o folclore de Galicia, cheguen á escena coa maior calidade posible.

Esta I Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2014. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal