>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Noite dos encantos na furna, Corme

(ultima actualización: 28 / 8 / 14 )





Venres 29 de agosto
Praia Do Osmo, Corme


Entre pitos e frautas, entre pedras e area, hoxe podemos dicir que a Noite de Encantos da Furna cumpre 15 anos. Se botamos unha ollada atrás ninguén daba un peso por este concertazo, pero orgullosos e felices este 2014 celebramos o noso 15 aniversario.

Como xa sabes este evento festéxase no pobo mariñeiro de Corme, unha gran vila da Costa da Morte. Para chegar o concerto da Noite de Encantos debes de camiñar pola praia do Osmo, atoparaste cunha pequena ponte de madeira que cruzaras sen saber o que se agocha tras ela, levarate a un mundo imaxinario; chegarás a praia da Furna. Non te asustes se a túa cara se enche cun sorriso, é normal, tanta beleza xunta fará que te sintas ledo. Seguindo o camiño marcado polas candeas que alumean as túas pegadas, encontraraste co pequeno escenario, que nesta noite tan incríbel se fará xigante debido os grupos que pasarán por el.

Os afortunados en facerte vibrar e gozar dunha festa rachada son: Pan de Cabazo, Evelyn Cornejo, Labregos do tempo dos Sputniks, Patxaranga e os nosos amigos os Folkólicos. Sentiraste coma un neno bailando, trouleando e brincando na area, pero non te cortes, deléitate coa noite e deixa que os encantos da Furna che fagan sentir ben, desconecta do exterior e déixate levar por este mundo imaxinario. Esta será a noite onde os trasnos e as fadas se poden ver neste enclave cormelán.
Cando chegues a casa despois do concertazo, non esquezas encher un frasco con aquela area que saques dos playeros, pois así poderás contarlle os teus netos que ti estiveches na décimo quinta edición da Noite de Encantos da Furna.

Por último queremos dar as grazas a cada un de vós, e aquelas persoas que fan isto posible, persoas cheas de ilusión e gañas, que contra vento e marea, loitan por facer...por crear...por soñar...con algo distinto, sempre de maneira humilde e desinteresada. Eses “encantiños” que dende o principio, deixamos a un lado e olvidámonos dos fins lucrativos, dos fins que esta sociedade nos impón, o que queremos é demostrar que ca colaboración e axuda desinteresada de moitos se pode crear algo tan maravilloso coma isto, nun lugar espectácular, con moi boas enerxías, e cun futuro moi interesante que está por vir. Sempre, respetando os infinitos recursos naturais dos que gozamos na nosa terra: o noso mar....o noso vento...as nosas praias...as nosas rochas.....un sin fin de cousas que fan que nos podamos sentir orgullosos de pertencer a este lugar máxico e privilexiado, cheo das mellores sensacións e enerxías.

Grazas camaradas, a loita fainos avanzar.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal